Ermengol VI de Urgell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1096 (Gregoriano) ![]() Valladolid ![]() |
Morte | 28 de xuño de 1154 (Gregoriano) ![]() Reino de Castela ![]() |
![]() ![]() | |
1102 (Gregoriano) – 1154 (Gregoriano) ← Ermengol V, Count of Urgell (en) ![]() ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá ![]() |
Familia![]() | |
Familia | House of Urgell (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Arsenda de Cabrera (1119–) Elvira Rodriguez de Lara |
Fillos | Ermengol VII, Count of Urgell (en) ![]() ( ![]() ![]() Isabel Sibila de Urgel (en) ![]() ( ![]() ![]() Estefania d'Urgell i Cabrera (en) ![]() ( ![]() ![]() Maria de Urgel, señora de Almenara (en) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Pais | Ermengol V, Count of Urgell (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Estefania Armengol de Urgel (en) ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Comtats_catalans_1035.svg/250px-Comtats_catalans_1035.svg.png)
Ermengol VI de Urgell, coñecido como o de Castela, nado en Valladolid en 1096 e finado en Castela o 20 de xuño de 1154, foi conde de Urgell entre 1102, cando faleceu o seu pai, e 1154[1]. Foi fillo do conde Ermengol V e de María Pérez, filla do conde Pedro Ansúrez quen se encargou da tutela do seu neto durante a súa minoría de idade ao quedar orfo en 1102.
Biografía
[editar | editar a fonte]Coa axuda de Guerau II de Cabrera, gobernante real do condado, e de Ramon Berenguer III de Barcelona conquistou en 1106 a cidade de Balaguer, que pasou a ser dende aquel momento a capital do condado de Urgell.
Xa adulto colaborou con Afonso I de Aragón na conquista de Zaragoza en 1118, así como con Afonso VII de Castela na cruzada contra al-Mariyya en 1147.
A boa relació co casal de Barcelona levou a Ermengol VI a participar na viaxe de Ramon Berenguer IV de Barcelona ata a Provenza en 1144 e a colaborar co conde de Barcelona na Cruzada contra o emirato de Lleida e a repoboación da cidade en 1149.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]En 1119 casou con Arsenda de Cabrera, filla de Guerau III de Cabrera, vizconde de Àger, e de Berenguera de Queralt. Do matrimonio naceron:
- o infante Ermengol VII (?-1184), conde de Urgell
- a infanta Sibil·la de Urgell, casada con Ramon Folch, vizconde de Cardona
- a infanta Estefania de Urgell (?-1177), casada con Arnau Mir de Pallars Jussà
Cara ao 1135 casou en segundas nupcias con Elvira de Lara, filla de Roderic de Lara e a infanta Sancha de Castela. Deste matrimonio naceron:
- o infante Galceran de Sales (?-v1184)
- a infanta María de Urgell (?-1196), señora de Almenara
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fontana i Lázaro, Josep (2014). La formació d'una identitat. Una història de Catalunya. Vic: Eumo (Universitat de Vic). p. 24. ISBN 978-84-9766-526-1.