Saltar ao contido

Sicardo de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSicardo de Benevento

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Sicardo
(la) Sicard Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Italia Editar o valor en Wikidata
Morte839 Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade832 Editar o valor en Wikidata - 839 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrince of Benevento (en) Traducir (832–839) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdelchisa Editar o valor en Wikidata
PaiSico I de Benevento Editar o valor en Wikidata
IrmánsSiconulfo de Salerno Editar o valor en Wikidata

Sicardo (m. 839) foi príncipe de Benevento desde 832, último soberano do principado beneventano como un todo unitario, que cubría boa parte do Mezzogiorno (chamado Longobardia Minor). Á súa morte, o principado cae nunha guerra civil que determinou a definitiva separación do dominio de Salerno. Unha breve reunificación tivo lugar baixo Pandulfo Testa de Ferro do 977 ao 981. Sicardo foi fillo e sucesor de Sicón, príncipe da estirpe de Spoleto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado combateu repetidamente contra os sarracenos e as cidades veciñas, especialmente contra Sorrento, Nápoles e Amalfi, e representou a máxima potencia económica e militar de todo o sur de Italia. No 836, co Pactum Sicardi, estipulou unha paz de cinco anos coas tres cidades antes mencionadas e recoñeceu o dereito destas á libre circulación dos seus mercadores. Pero a guerra continuou igualmente. No 837 entrou en conflito co duque Andrea II de Nápoles, que por primeira vez chamou na súa axuda aos sarracenos, dando inicio a unha "tradición" seguida por moitos outros príncipes cristiáns. No 838 deu sometido Amalfi atacándoa por mar.

Busto de Sicardo de Benevento no anverso dunha moeda longobarda (tremissis)

Malia a aptitude para a guerra, Sicardo foi tamén un alegre patrocinador de novas construcións. A el débese a edificación dunha nova igrexa en Benevento, que quere poñer en valor facéndoa sede das reliquias de San Bertomeu, supostamente tomadas aos sarracenos grazas a algúns mercadores amalfitanos. Tras a toma de Amalfi apoderouse tamén das reliquias de Santa Trofimena.

Sicardo morreu asasinado no 839 nunha conxura encabezada polo tesoureiro Radelchis, que se autoproclamou príncipe. A usurpación foi obstaculizada polo irmán do defunto Sicardo, Siconulfo, que foi proclamado príncipe polo pobo de Salerno. O choque entre os dous pretendentes prolongouse dez anos e concluíu coa subdivisión do principado en dúas novas realidades estatais. Da repartición do dominio beneventano nace o Principado de Salerno, do cal Siconolfo foi o primeiro soberano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gwatkin, H.M., Whitney, J.P. (ed) et al. The Cambridge Medieval History: Volume III. Cambridge University Press, 1926.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]