Sico I de Benevento
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | p. 772 |
| Morte | setembro de 832 |
| Outro | |
| Título | Príncipe de Benevento (817–832, 834) |
| Fillos | Sicardo de Benevento, Siconulfo de Salerno, Adélaïde or Itta |
Sico I (c. 758 - 832) foi un Príncipe longobardo de Benevento desde o 817 ata a súa morte en 832 ou 834.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Antes disto foi o gastaldo de Acerenza. Tras o asasinato de Grimoaldo IV, Sico sucedeuno no trono do principado. Fixo as mesmas promesas baleiras de tributo e fidelidade ao emperador Lois o Piadoso que fixera Grimoaldo. Tentou estender o principado a expensas dos bizantinos. Cercou Nápoles en data descoñecida (quizais c.831), pero non deu tomado a cidade. Con todo, puido levar o corpo de San Xenaro, que fora bispo de Benevento. Foi tamén Sico quen fundou a dinastía dos soberanos de Capua ao concederlle a antiga cidade a Lando I como gastaldo. Lando honrou ao seu benfeitor chamándolle ao seu castelo Sicopolis. Sico foi sucedido á súa morte polo seu fillo Sicardo.
| Principado de Benevento | ||
|---|---|---|
Segue a: Grimoaldo IV de Benevento |
Sico I de Benevento | Precede a: Sicardo de Benevento |
| - | ||