Españistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Españistán. Este país se va a la mierda é un libro de banda deseñada creado polo catalán Aleix Saló sobre a crise económica española tralo estoupido da burbulla inmobiliaria. Foi publicado por Edicións Glénat en abril de 2011.

Traxectoria editorial[editar | editar a fonte]

Para promocionalo, Aleix Saló colgou o 25 de maio unha curtametraxe de animación titulada Españistán, da burbulla inmobiliaria á crise, que explica de forma satírica o devir da economía española entre 1996 e 2007,[1] converténdose nun grande éxito en Internet.[2]

En xaneiro de 2012, esgotáronse seis edicións da obra e lanzouse unha edición en rústica para quioscos.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Casqueiro, Javier (28/06/2011). A fábula de Españistán, "El País".
  2. Merino, Olga (12/06/2011). Un cómic mordaz sobre a crise arrasa na Internet, "El Periódico de Catalunya".
  3. Navarro, Joan (04/01/2012). 2012: O ano de "Españistán", "Viñetas".
  4. A por los kioscos, ediciones.glenat.es.