Saltar ao contido

Escudo do Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do Salvador
Detalles
ArmigerO Salvador
Adoptado17 de maio de 1912

O Escudo do Salvador foi creado xunto coa actual Bandeira Nacional polo Decreto Lexislativo do 17 de maio de 1912, sendo Presidente da República o Manuel Enrique Araujo. Foi deseñado polo calígrafo salvadoreño Rafael Barraza Rodríguez, que se impuxo sobre trinta competidores nun concurso promovido polo entón Ministerio de Guerra e Mariña, en 1912.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Por ser símbolo nacional, atópase aprobado e descrito pola Lei de Símbolos Patrios que estipula os elementos que o compoñen e a súa posición no escudo nacional. Os seus compoñentes teñen o seguinte significado:[1][2]

  • Triángulo equilátero: groso e de cor ámbar dourado, cada un dos seus ángulos representa os tres Poderes do Estado (lexislativo, executivo e xudicial).
  • Cordilleira de cinco volcáns cónicos boscosos con ceo avermellado en horizonte, colocada nun terreo rodeado por dous mares: representa a natureza tropical e volcánica do chan salvadoreño; os cincos volcáns ás cinco nacións do istmo, resultantes da Independencia de Centroamérica; e os mares, os océanos Atlántico e Pacífico.
  • Un arco da vella con ceo azul: símbolo da paz.
  • Gorro de liberdade ou gorro frixio esparcendo loces ámbares douradas: proclama a liberdade e os seus raios espiral extensivas os ideais do pobo salvadoreño.
  • Lenda «15 de setembro de 1821»: data da Independencia de América Central.
  • Lenda «República do Salvador na América Central»: colocado arredor do triángulo en letras ámbares douradas.
  • Lenda «Deus, Unión, Liberdade»: colocado na base do triángulo, en letras negras e un rolo manuscrito ámbar dourado.
  • Cinco pavillóns do Salvador, colocados arredor do triángulo: representan as cinco nacións resultantes da Independencia de Centroamérica.
  • Dúas pólas de loureiro entrelazadas cun listón azul e branco: composto por catorce gallas que representan os catorce departamentos en que se atopa dividido administrativamente O Salvador.
  1. Escudo Nacional de El Salvador Arquivado 06 de xuño de 2017 en Wayback Machine.. Páxina Oficial da Asemblea Lexislativa.
  2. Presidencia da República do Salvador: Escudo Nacional