Escudo de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo da cidade de Valencia.
Escudo de Valencia á entrada da casa forestal do Saler.
escudo de Valencia con uha cidade amurallada sobre ondas (Séculos XIV-XVI)

O escudo de Valencia baséase no Sinal Real de Aragón, tras concesión de Pere o Cerimoniós, á que se incorporaron diferentes elementos co tempo, alusivos ás armas persoais de Jaume I, quen incorporou a cidade á Coroa, e a diferentes feitos bélicos. O emblema cunha representación do escudo que utiliza o Concello de Valencia garante o seu uso institucional. A pesar de non estar oficializado no Diario Oficial da Comunidade Valenciana (DOGV), tradicionalmente corresponderíalle o seguinte blasonamento:

Escudo losanxado, campo de ouro (en heráldica amarelo intenso), catro paus de goles (en heráldica vermello intenso); achegados dúas eles de ouro coroadas. Por timbre, unha coroa real aberta sobre a cal un ratpenat (morcego) de fronte coas ás tendidas. Rodeando o escudo dúas ramas de sinople (en heráldica verde intenso), cruzadas pola base.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente trala conquista, a cidade de Valencia utilizou coma escudo de armas un emblema que facía referencia á súa localización: Unha cidade amurallada sobre ondas. Nos primeiros selos municipais aparece este emblema, e así aínda se pode ver á porta gótica da Catedral de Valencia.

A partir do reinado de Pere el Cerimoniós, no século XIV, vai comezarse a utilizar o rombo con catro paus de goles sobre campo de ouro. Naquela época relacionaba cunha representación con só dous paus. É no 1377, cando o Consello da Cidade determinaba finalmente o escudo:

«E es cert quel senyal per los molts alts Reys darago atorgat e confermat a la dita Ciutat era e es lur propri senyal Reyal de bastons o barres grogues e vermelles. [...] [L]o molt alt senyor Rey ara Regnant per son propri motiu e sa mera liberalitat tenint se aixi com fon sa merce per molt servit de la dita Ciutat senyaladament en la guerra de Castella prop passada specialment en los dos Setges e pus principalment en lo segon e derrer daquells tenguts sobre aquella per el Rey de Castella enadi la dita corona al dit senyal»
Manual de Consells de 1377 (Arquivo Histórico Municipal de Valencia, anos 1375-1383, n. 17, sig. A)

Dende entón, o escudo variou minimamente e pódese ver na maioría de selos e obras realizadas dende ese momento. Máis tarde engadiuse un "L" a cada banda do escudo, atribuído a un dereito concedido por Pere el Cerimoniós, que simbolizaba a lealdade da Cap i Casal á coroa nos dous asedios á cidade durante a guerra co reino de Castela.

Existen documentos onde Pere el Cerimoniós cando enumera os seus títulos (Rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, conde de Barcelona etc.) asina e debuxa a man unha coroa sobre a "L" de Valencia. No 1460, Jaume Roig, na súa obra O Espello, referiuse ao blasonamento do escudo da cidade e á mencionada orixe, sen ningunha referencia ás dúas "L", pero si á lealdade:

«Sabé's defendre / del rei malvat / esta ciutat / molt valentment / e llealment, / absent son rei. / Per tal servei/ e valentia / per cortesia, / de tot peatge / e cabessatge / morabatí, / la enfranquí / lo seu rei Pere, / que alt prospere / en lo cel Déu; / com tanta hi véu / fidelitat, / féu la ciutat / noble, reial, / com pus lleal / la coronà, / e li donà, / com molt l'amàs, / sola portàs / en sa bandera, / penó, senyera, / altres senyals:/ armes reials / soles pintades, / no gens mesclades / ab lo passat, / lo camp daurat, / vermells bastons, / sobre'ls cantons / d'or coronat.»
Jaume Roig, L'Espill, MOLC, p.115-116.

No 1503, a vibra ou dragón alado que aparece agora no escudo da Generalitat Valenciana, vai integrarse no escudo da cidade, pero coa forma de morcego, un animal que xa se utilizaba nalgunhas representacións e asociábase a algúns mitos da conquista de Valencia por Jaume I. No século XVII o morcego xa é oficial e aparece en tódolos impresos oficiais.

Segundo unha lenda recollida por Joan Amades, para promover espírito de conquista, o rei Jaume prometeu outorgar a Valencia o escudo e os Usatges (en galegos usanzas, son os usos e costumes que forman a base do dereito constitucional catalán) a xente que conseguise chegar antes á cidade a base de armas. Quen gañou foi Lleida e dise que en memoria daquel feito puxeronse os catro paus do escudo Lleida e un 'L a cada lado do escudo que recordase o nome da cidade.

Escudo de Lleida cos tres lirios.

Tamén se di que en memoria daqueles feitos a cidade de Lleida deu un lirio do seu escudo de forma que agora só ten 3. Porén, no escudo que é usado actualmente polo concello de Valencia non se aprecia tal lirio. O morcego de sobre o escudo a lenda di que o puxo rei en memoria do animal que fixo gañar a rifa aos ilerdenses contra os mouriscos. A lenda recordábase dicindo que Lleida furou posto que se dicía que foran os primeiros a furar as murallas.

Noutra lenda explícase a orixe do morcego confundíndoo coa andoriña que fixera o niño no pavillón de Jaume I en Borriana e que o rei protexeu, segundo explica á súa autobiografía (Llibre dels feits). Esta lenda é parecida a unha mallorquina, segundo a cal o rei protexeu un morcego que se atopaba dentro da primeira mesquita consagrada da cidade de Mallorca, a actual igrexa de Sant Miquel.

Dende o final da Guerra da Independencia, Fernan VII outorgou dúas ramas de loureiro foron engadidas coma recompensa pola resistencia da cidade cos franceses.