Escudo de Pezós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Pezós

O escudo de Pezós ten a súa orixe no ideado contra 1895 por Octavio Bellmunt e Fermín Canella para ilustrar o terceiro volume da obra Asturias[1]. Constitúe un escudo medio partido e cortado.

Descrición[editar | editar a fonte]

No cuarto superior esquerdo, sobre campo de azur, represéntase a Cruz dos Anxos por mor do pasado eclesiástico do concello. O cuarto superior dereito, representa unha torre flanqueada por dúas espigas, da que sae un corvo coroado co corno da abundancia. Este cuartel simboliza o poder que tiña o concello de Castropol en boa parte da Terra Eo-Navia e na parte inferior, un castelo de pedra flanqueado na porta por un busto de home que toca un corno de caza de prata. Este último cuarto representa as armas da familia Ron. O timbre do escudo é unha coroa de Príncipe de Asturias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bellmunt, Octavio e Canella, Fermín (1900). Asturias III. p. 343. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]