Bandeira de Pezós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira oficial de Pezós

A bandeira de Pezós é a bandeira oficial[1] do concello de Pezós no occidente de Asturias.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha bandeira rectangular con tres bandas horizontais co mesmo grosor. A superior e a inferior son de cor rosa avermellada e a do medio branca. Sobre destas tres bandas resalta un amplo círculo de oito follas de videira de tamaños semellantes, divididos en dous grupos simétricos, de espello lonxitudinal pero coa orde invertida, de catro follas verdes; en cada grupo dúas follas con nervadura negra e as dúas restantes sen ela.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 2020 principiou o proceso de creación da bandeira por medio dun concurso público que recibiu 105 propostas e tras a escolla polos veciños de 23 un xurado composto por expertos en vexiloloxía, heráldica, xurisprudencia e historia seleccionou cinco[2] e, finalmente, a corporación municipal elixiu o deseño definitivo [3]que se converteu en oficial logo da súa publicación no Boletín Oficial del Principado de Asturias o 30 de abril de 2021 e, xa que logo, puido procederse ao seu izado na casa do concello de Pezós o 25 de xullo de 2021[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]