Emblema de Papúa Nova Guinea
(Redirección desde «Escudo de Papúa Nova Guinea»)
Emblema de Papúa Nova Guinea" | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Isabel II do Reino Unido en dereito de Papúa Nova Guinea |
Adoptado | 11 de xullo de 2016 |
Escudo | Ave do paraíso |
Divisa | Unity in Diversity |
Versións anteriores | 1922-1947, o Reino de Romanía |
O emblema de Papúa Nova Guinea foi aprobado oficialmente en 1971.
Consiste nunha ave do paraíso (Gerrus paradisaea) coas ás estendidas, pousada sobre un tambor kundu posto en horizontal de uso cerimonial, de sable e embelecido con arxenta e coa membrana vista á dereita do paxaro tamén de prata. Tamén á dereita hai acoplada unha lanza en horizontal de sable, mentres que á esquerda hai unha lanza de folla dentada en arxenta.
A ave do paraíso, das que a maior parte das especies son endémicas das illas, está considerada símbolo nacional e represéntase tamén na bandeira estatal. Foi introducido como símbolo neoguineano pola Compañía Alemá de Nova Guinea nas moedas encuñades en 1894.