Escudo de Cuba
| Escudo de Cuba | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Pertencente á xurisdición
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de creación
| |
| Wikidata C:Commons |
O escudo de Cuba é o símbolo heráldico do país. Foi creado en 1849 polo poeta Miguel Teurbe Tolón[1] e adoptado con pequenas modificacións o 24 de abril de 1906.
Trátase dun escudo triangular curvilíneo partido. No primeiro terzo, tres barras de azur (os departamentos do país) sobre prata. No segundo, unha representación dunha paisaxe con dúas montañas e vexetación, onde destaca unha palma real. No xefe, un mar de azur cargado cunha chave de ouro significando a súa importancia estratéxica no acceso ó Golfo de México, no medio de dous saíntes (Florida e o Iucatán), cun sol radiante no horizonte. Como crista, unhas fasces (denotando a unidade dos cubanos) e un gorro frixio cargado cunha estrela de cinco puntas (significando a liberdade). Acompañado pola dereita por unha póla de aciñeira (a paz) e pola esquerda unha póla de loureiro (a vitoria), as dúas ó natural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Escudo Cubano". CubaFlags.com. Consultado o 7 de xullo de 2005.