O escudo de armas de Chile é un dos símbolos nacionais do país e data do ano 1834. Foi deseñado polo artista inglésCharles Wood Taylor (1792-1856). O escudo está dividido en dúas parte iguais: a superior é azul e a inferior vermella. Hai unha estrela branca de cinco puntos no centro do escudo. A ámbolos dous lados do escudo atopamos un cóndor e un cervo andino, que levan cadansúa coroa dourada da mariña na cabeza, símbolo dos heroes do país no océano Pacífico.