Bandeira de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Asturias
Bandeira de Asturias
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción19 de decembro de 1990
Cores     Azul     Amarelo

A bandeira de Asturias é a tradicional rectangular coa Cruz da Vitoria en amarelo sobre fondo azul, segundo se establece no Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias, no seu artigo 3.1. Dos brazos da cruz colgan as letras gregas alfa maiúscula e omega minúscula, que significan o principio e a fin (a infinita extensión de Deus). A letra omega é minúscula e non maiúscula porque así se atopa representado nas ilustracións máis antigas que se coñecen, como as pinturas de San Xulián dos Prados.

O eixo vertical da Cruz da Vitoria está a unha distancia da vaina de media anchura da bandeira. Na súa forma de gala ou respecto, a bandeira confecciónase con tafetán de seda coa Cruz da Vitoria de ouro e pedras preciosas, mentres que nos demais casos fanse con tecido forte de la ou fibra sintética, levando a Cruz da Vitoria estampada o sobreposta. Na versión da bandeira «para uso distinto da su colocación no mastro», a Cruz da Vitoria sitúase no centro.

Algúns sectores políticos utilizan a denominación de «Asturina» para referirse a ela. A orixe do término está no empregado por Conceyu Bable e o nacionalismo asturiano (o primeiro partido que a usou foi o Conceyu Nacionalista Astur) para referirse á bandeira asturiana nos anos setenta.

Historia[editar | editar a fonte]

Bandeira Real de Ramiro I (842 - 850).

Descoñécense os estandartes ou pendóns que puideron representar ó Reino de Asturias, aínda que se propuxo como bandeira real de Ramiro I unha bandeira branca de bordo vermello con cruz da mesma cor, tal como se pode ver na tumba A da Catedral de Santiago de Compostela.

Variantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]