Escudo das Bahamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo das Bahamas
Detalles
ArmigerIsabel II do Reino Unido, Bahamas
Adoptado7 de decembro de 1971
DivisaForward, Upward, Onward Together

O escudo das Bahamas é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente o 7 de decembro de 1971. Os alicerces do escudo son un marlín e un flamengo. Na parte superior do escudo de armas aparece representada unha cuncha que simboliza a vida mariña da illa, que repousa sobre un helmo con burelete e lambrequín de azur e de ouro que timbra o escudo, que é un campo de prata partido por unha franxa de azur no xefe. O símbolo principal, situado no campo de prata, é unha nave que representa a nao Santa María de Cristovo Colón sobre un sol, representado de ouro, que está situado na franxa de azur. As figuras de animais que sosteñen o escudo (soportes en terminoloxía heráldica), o marlín e o flamengo son dous dos símbolos nacionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]