Hierático
Aparencia
(Redirección desde «Escritura hierática»)
O hierático (do grego ἱερατικός, "sagrado") é unha forma cursiva dos xeróglifos exipcios usada por primeira vez durante a I dinastía (2995-2775 a.C). A escrita hierática realizouse sempre con tinta e xunco, normalmente sobre papiro ou óstraca. Desde o 660 a.C. o demótico substituíu o hierático para os usos laicos, ficando este relegado aos usos relixiosos.
Realmente, a escrita hierática é un segundo nivel de simplificacion dos xeróglifos. O primeiro serían os xeróglifos lineares, que son versións simplificadas dos xeróglifos que gardan o seu valor representativo. Os caracteres hieráticos xa non representan obxectos, senón que son signos arbitrarios, parecidos ás letras dun alfabeto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]