Saltar ao contido

Escarpa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escarpa dunha costa, cortado por unha falla.

Unha escarpa, en xeomorfoloxía, é un declive moi pronunciado do terreo. Por extensión tamén se denomina escarpa a superficie inclinada ou ribazo dun foso xunto a unha muralla.

Normalmente acostuma a ser unha área de transición entre diferentes provincias fisioxeográficas que envolve unha elevación aguda (superior a 45º), caracterizada pola formación dun canón ou unha costa pronunciada. O termo vén do italiano scarpa[1].

As escarpas xeralmente fórmanse pola erosión diferencial de rochas cristalinas ou polo movemento vertical da codia terrestre ao longo dunha falla xeolóxica. Noutras palabras ramplas que xorden nos bordos dos altiplanos.