Esquema da escala Fujita, deseñado polo propio Dr. Tetsuya FujitaDanos causados por un tornado F4 pola escala Fujita
Existen varias escalas para medir a intensidade dun tornado, pero a máis aceptada universalmente durante unha época foi a Escala de Fujita (ou tamén chamada Fujita-Pearson Tornado Intensity Scale), elaborada en 1971 por Tetsuya Fujita e Allan Pearson da Universidade de Chicago. Esta escala baséase na destrución ocasionada ás estruturas construídas polo ser humano e non no tamaño, diámetro ou velocidade do tornado. Non se pode, entón, mirar un tornado e calcular a súa intensidade. Débese avaliar os danos causados con posterioridade.
Aínda que a escala abarca teoricamente 13 graos, todos os tornados rexistrados están comprendidos nos 6 inferiores:
Intensidade
Velocidade do vento
Danos
F0
60–116 km/h (45- 72 mph)
Leves.
F1
117–180 km/h (73-112 mph)
Moderados. Estes tornados poden levantar tellas ou mover coches mentres se desprazan. Poden tombar trailers e os barcos pódense afundir.
F2
180–251 km/h (113-157 mph)
Considerables. Os tellados dalgunhas casas poden ser levantados, os trailers e casas rodantes que estiveran no camiño do tornado serán demolidos. Este tornado tamén pode descarrilar vagóns de tren.
F3
252–330 km/h (158-206 mph)
Graves. Árbores poden ser arrincadas de raíz e as paredes e tellados de edificios sólidos poden ser arrincados con total facilidade.
F4
331–416 km/h (207-260 mph)
Devastadores. Motores de tren e de camións de 40 toneladas poden lanzarse facilmente polos aires.
F5
417–512 km/h (261-318 mph)
Extremadamente destrutivos. Tornados con esta intensidade destrúen todo no seu camiño. Os coches poden lanzarse como se foran xoguetes, e edificios enteiros poden levantarse do piso. A forza é similar á da bomba atómica. Coñecido coloquialmente como o "Dedo de Deus".
F6
513–610 km/h (319-379 mph)
Dano inconcibible. Nunca se tivo rexistrado un tornado destas magnitudes, exceptuando en simuladores.