Saltar ao contido

Eru Potaka-Dewes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEru Potaka-Dewes
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor en Wikidata
Ruatoria, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 2009 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Rotorua, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoMaorí Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Otago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0223103 Editar o valor en Wikidata

Eru Potaka-Dewes, nado en 1939, en Ruatoria e finado o 7 de agosto de 2009 en Rotorua (Nova Zelandia), era un erudito e teólogo da tribo maorí dos Ngati Porou, pero que tamén tiña vencellos cos Ngati Uepohatu e Te Whanau-o Pokai. Máis coñecido pola súa faceta de actor, actuou en filmes como Rapa-Nui, ou The Piano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eru foi decano de Teoloxía na Maori Anglican Theological College en Rotorua, profesor a tempo parcial en Te Kura Kaupapa Maori e Ruamata, e membro vitalicio do Consello de Enfermeiros dos maorís.

Tamén foi amplamente coñecido como actor, polo seu papel de "Kopo Kaumatua" en The Maori Merchant of Venice, así como aparicións en filmes: Rapa-Nui, The Piano, Jubilee.

En 1987, Potaka-Dewes foi nomeado no Parlamento Neozelandés como un activista radical, pola súa tenaz loita pola defensa dos dereitos dos maorís. En 1991 estableceu a Aotearoa-NZ Action Committee's Alternative Immigration Office (ANZAC), (Alternativa Aotearoa-Nova Zelandia Comité de Acción da Oficina de Inmigración) para actuar como un "centro de inmigración maorí" para a solidariedade dos pobos indíxenas.

Filmografía

[editar | editar a fonte]