Ruatoria, tamén escrito Ruatōria, é unha vila de Waiapu Valley da Rexión de Gisborne no recanto nordeste da Illa Norte de Nova Zelandia.[1][2] A vila foi orixinalmente coñecida como Cross Roads, pero foi renomeada como Ruatōrea en 1913, do maoríRua-a-Tōrea (o pozo de almacenamento de Tōrea).[1] En 1925 o nome foi alterado cara a súa escrita actual,[1] malia que algúns textos conservaron a vella forma.[3][4][5]
No censo de 2006, foi a terceira maior poboación da súa rexión (de baixa densidade), e tiña unha poboación de só 756 (75 menos que a segunda maior vila da rexión, Tolaga Bay).[6] Isto supuxo un decrecemento do 9.7% (81 persoas) dende o censo de 2001. É o centro de poboación de Waiapu Valley.[3] O 94,8% dos seus habitantes son do pobo maorí, e o 46% fala te reo Māori — ambos datos son significativamente superiores á media rexional ou nacional.[7]