Ernst Vettori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernst Vettori
20161216 FIS WC NK Ramsau 6954.jpg
Nacemento25 de xuño de 1964
 Absam
NacionalidadeAustria
Ocupaciónsaltador de esquí
PremiosGrand Star of the Decoration for Services to the Republic of Austria e Holmenkollen Medal
editar datos en Wikidata ]

Ernst Vettori, nado o 25 de xuño de 1964 en Absam (Tirol), é un antigo saltador de esquí austríaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vettori gañou o Torneo dos Catro Trampolíns dúas veces, en 1985/1986 e 1986/1987 e a competición de salto do Festivalde Ski de Holmenkollen en 1986 e 1991. Nas Olimpiadas de Inverno de 1992 gañou un ouro en trampolín curto e prata en competición por equipos.

Nos Campionatos de Esquí Nórdico conseguiu un ouro en 1991 en trampolín grande por equipos, prata en trampolín grande por equipos en 1985 e bronces en trampolín grande individual en 1987 e por equipos en 1987 e 1993.

Vettori recibiu a medalla Holmenkollen en 1991, compartida con Vegard Ulvang, Trond Einar Elden e Jens Weissflog).

De 1995 a 1999 foi xunto con Dirk Thiele comentarista das transmisións de salto de esquí de Eurosport e desde 1999 é director de mercadotecnia da Federación de Esquí Austríaca.