Jens Weissflog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jens Weissflog
Nacemento21 de xullo de 1964 e 1964
Lugar de nacementoErlabrunn
NacionalidadeRepública Democrática Alemá e Alemaña
Ocupaciónsaltador de esquí, winter sports practitioner, hosteleiro, electricista e esquiador alpino
PremiosPatriotic Order of Merit in gold, Patriotic Order of Merit in gold, Holmenkollen Medal, deportista do ano de Sachsen, Silberne Lorbeerblatt, deportista do ano de Sachsen, deportista do ano de Sachsen, Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany e deportista do ano de Sachsen
Na rede
http://www.jens-weissflog.de/
IMDB: nm1813867 Olympic.org: jens-weissflog Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jens Weissflog, nado o 21 de xullo de 1964, é un antigo saltador de esquí alemán.

Carreira[editar | editar a fonte]

Weissflog naceu en Erlabrunn, na cordal de Erzgebirge. Con dezanove anos gañou o Torneo dos Catro Trampolíns co equipo da República Democrática Alemá na tempada 1983/84, nese inverno gañou a Copa do Mundo combinada e máis tarde o salto de trampolín normal nas Olimpiadas de Invierno de 1984 en Saraxevo. Durante doce anos estivo nos primeiros postos da competición internacional, nin a súa entrada no equipo da Alemaña unificada nin a mudanza das técnicas de salto da técnica paralela ó estilo V arredor de 1993 frearon os seus éxitos. En 1994 gañou dous ouros, en trampolín grande individual e por equipos nas Olimpiadas de 1994 en Lillehammer. En 1996 retirouse da competición tras ser o primeiro en gañar o Torneo dos Catro Trampolíns catro veces.

Nos campionatos do Mundo de Esquí Nórdico gañou dous ouros, 1985 e 1989 en trampolín individual, tres pratas, 1989 en trampolín grande individual e 1984 e 1995 en trampolín grande por equipos, e catro bronces en 1991 e 1993 en trampolín grande individual e en 1985 e 1991 en trampolín grande por equipos.

Weissflog gañou o Festival de esquí de Holmenkollen dúas veces (1989 e 1990) e recibiu a medalla Holmenkollen medal en 1991 (compartida con Vegard Ulvang, Trond Einar Elden e Ernst Vettori).

Tras finalizar a súa carreira deportiva rexenta un hotel en Oberwiesenthal e é comentarista deportivo da canle de televisión alemá ZDF.