Saltar ao contido

Ernest Dominique François Joseph Duquesnoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros personaxes co mesmo apelido, ver a páxina de homónimos Duquesnoy.
Modelo:BiografíaErnest Dominique François Joseph Duquesnoy
Biografía
Nacemento17 de maio de 1749 Editar o valor en Wikidata
Bouvigny-Boyeffles, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 1795 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea Nacional
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Ernest Dominique François Joseph Duquesnoy, nado en Bouvigny-Boyeffles o 7 de maio de 1749 e finado en París o 17 de xuño de 1795, foi un revolucionario francés, membro da Asemblea constituínte e deputado da Convención nacional, destacado combatente na batalla de Wattignies. Tras encabezar o fracasado levantamento xacobino do 20 de maio en 1795, foi arrestado e condenado á morte, aínda que logrou suicidarse antes de ser executado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de agricultores, foi durante un tempo soldado raso nos dragóns e tras retornar ao campo, adoptou os ideais revolucionarios e é elixido membro á Asemblea constituínte pola provincia do Paso de Calais e máis tarde, deputado na Convención nacional. Durante o proceso a Lois XVI, votou a favor da súa execución, influíndo na decisión doutros deputados.

Mentres teñen lugar as disputas entre Montañeses e Xirondinos, atópase en Dunkerque xunto a Carnot. Participa na batalla de Wattignies onde destaca pola súa valentía encabezando ás tropas de primeira liña e denuncia a diversos xenerais acusados de incompetencia. Á súa vez Hébert acúsao de boicotear as operacións de Jourdan e de tráfico de influencias, por designar ao seu irmán á fronte do exército. Con todo, protexido por Robespierre, conseguiu librarse do proceso. Posteriormente destinado na rexión do Norte e na provincia da Mosela, é denunciado novamente por Nicolas Hentz que o acusa de obrar con despotismo e neglixencia.

De regreso a París, o 10 de agosto de 1794 participa na expulsión de Tallien do club dos Xacobinos e enfróntase a golpes con Guffroy, quen o denuncia ao Comité de sûreté générale. É acusado de ser un dos xefes do levantamento do 20 de maio de 1795 e é condenado á morte. Mentres se preparaba para a execución nos baños, logrou facerse cun puñal co que se suicidou.