Ermengarda de Anjou (duquesa de Borgoña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ermengarda de Anjou
Nome completoErmengarde-Blanche d'Anjou
Nacementoc. 1018
Lugar de nacementoAngers
Falecemento18 de marzo de 1076
Lugar de falecementoFleurey-sur-Ouche
SoterradaBorgoña-Franco Condado
Ocupaciónaristócrata
PaiFulco III de Anjou
NaiHildegard of Sundgau
CónxuxeGeoffroy II Gâtinais e Roberto I de Borgoña
FillosFulque IV de Anjou, Jofre III de Anjou, Hildegarda da Borgonha e Hildegarde de Gâtinais
IrmánsJofre II de Anjou e Adèle de Vendôme-Anjou
Na rede
WikiTree: Anjou-3
editar datos en Wikidata ]

Ermengarda de Anjou, chamada Branca, asasinada o 18 de marzo de 1076 na Igrexa de Fleurey-sur-Ouche, foi unha princesa da familia dos inxelxerianos, filla de Fulque III Nerra, conde de Anjou, e Hildegarda de Lorena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias con Godofredo II Ferriol, conde do Gâtinais do cal tivo a:

  • Unha filla, casada sobre 1050 con Xoselino I, señor de Courtenay. Normalmente recibe o nome de Hildegarda, pero isto pode ser consecuencia dunha confusión cunha medio irmá do mesmo nome.
  • Godofredo III de Anjou (1040 -1096/7), conde de Gâtinais e Anjou.
  • Fulque IV de Anjou (1043 -1109), conde de Anjou.

Xa estaba viúva cando a súa nai foi en peregrinación a Xerusalén en 1046 e morreu durante a viaxe. Casou nun segundo matrimonio co capeto Roberto I o Vello, duque de Borgoña, de quen tivo a Hildegarda e que vivía polo menos ata 1080. Casou cara a 1067 con Guillerme VIII de Aquitania (morto en 1086), duque de Aquitania, e de Gascuña e conde de Poitiers. O seu irmán Godofredo II de Anjou morreu en 1060, e a sucesión recaeu no fillo de Ermengarda, Godofredo III o Barbudo (e máis tarde en Fulque IV o Tiburón).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]