Eritroaférese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha eritroaférese é unha doazón de eritrocitos ou glóbulos vermellos, que son as células do sangue encargadas de transportar o osíxeno polas veas. O seu resultado utilízase nas urxencias e nas operacións cirúrxicas ou de transplantes de órganos. A rápida recuperación dos compoñentes despois deste tipo de aférese permite incrementar a frecuencia no número de doazóns anuais e mesmo se pode combinar con doazóns convencionais cumprindo o establecido pola lei.

Os grupos sanguíneos máis demandados en Galicia son o A- e o 0-, debido a que este último é o doante universal. Isto débese a que os grupos dos sistema AB0 e do sistema Rh se caracterízan polos antíxenos eritrocitarios, unhas moléculas que están na superficie da membrana dos eritrocitos e que provocan a aglutinación cos antíxenos incompatibles (doutro grupo). Por iso o sangue de alguén do grupo A ten unha certa molécula que é recoñecida e neutralizada polos antíxenos presentes no sangue doutro grupo pero non cando entra en contacto con outro sangue do grupo A. Cando un ferido chega a urxencias e precisa unha transfusión de sangue, se non se lle coñece o grupo sanguíneo, debe tratárselle con sangue do grupo 0- para evitar unha reacción que doutro xeito lle podería matar.