Eric II de Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Erik II de Noruega")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eric II de Noruega
Eirik Magnusson.JPG
Posible escultura de Erik II, na catedral de Stavanger.
Nacemento4 de outubro de 1268
 Noruega
Falecemento15 de xullo de 1299
 Bergen
SoterradoCatedral de Bergen
NacionalidadeNoruega
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiMagno VI da Noruega
NaiIngeborg Eriksdatter
CónxuxeMargarida, Princesa da Escócia e Isabel Bruce
FillosMargarida I de Escocia e Ingeborg Eriksdottir of Norway
IrmánsHaakon V
editar datos en Wikidata ]

Erik Magnusson, apodado o inimigo dos curas (en noruegués, Eirik prestehater). Nado no 1268 e finado en Bergen o 15 de xullo de 1299. Foi rei de Noruega de 1280 a 1299 baixo o nome de Eric II de Noruega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Erik foi o fillo máis vello de Magnus VI e Ingeborg de Dinamarca. Foi través da súa ascendencia materna, era descendente do rei Olaf o Santo e, polo tanto, co seu ascenso ao trono a descendencia de Olaf volveu a reinar en Noruega.

Reinado[editar | editar a fonte]

Foi coroado en Bergen o 2 de xullo de 1280, contando con só 12 anos de idade. Por mor da súa curta idade, o goberno recalou nas mans dos seus conselleiros, entre os que atopábase a súa nai, a raíña viúva, Ingeborg.

É recordado como un rei débil, cuxas decisións sempre estiveron influídas polo seus conselleiros, aínda cando acadou a maioría de idade (15 anos). Recibiu o sobrenome de o inimigo dos curas pola tensa relación que mantivo coa igrexa norueguesa. Porén, a situación en realidade reflectía a rivalidade do clero coa aristocracia, que se fixera co control do goberno.

Probablemente pola cuestión dos reclamos da herdanza da súa nai en Dinamarca, Erik II apoiou a bandidos que, como Stig Andersen Hvide, asolaron as costas dinamarquesas despois da morte de Erik V.

Finou en 1299 e foi sepultado na antiga catedral de Bergen. Ao non deixar descendentes varóns, foi sucedido polo seu irmán menor, Haakon.

Matrimonio e fillas[editar | editar a fonte]

En 1281, casou coa princesa Margarida de Escocia, filla do rei Alexandre III. O compromiso pactárase anos atrás, nun intento do seu pai, Magnus VI, de mellorar as relacións con Escocia. Margarida finou poucos anos despois, en 1283, dando a luz a súa filla.

O 25 de setembro de 1293 casou con outra princesa escocesa, Isabel Bruce, irmá de Roberto I de Escocia. Deste matrimonio tivo outra filla:

Predecesor:
Magnus VI
Rei de Noruega
1280 - 1299
Sucesor:
Haakon V