Eric II de Noruega
Eric II de Noruega | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1268 e 1268 |
Lugar de nacemento | Noruega |
Falecemento | 15 de xullo de 1299 e 1299 |
Lugar de falecemento | Bergen |
Causa | inanición |
Soterrado | Catedral de Bergen |
Nacionalidade | Noruega |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Magno VI da Noruega |
Nai | Ingeborg Eriksdatter |
Cónxuxe | Margarida, Princesa da Escócia e Isabel Bruce |
Fillos | Margarida I de Escocia e Ingeborg Eriksdottir of Norway |
Irmáns | Haakon V |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Erik Magnusson, apodado o inimigo dos curas (en noruegués, Eirik prestehater). Nado no 1268 e finado en Bergen o 15 de xullo de 1299. Foi rei de Noruega de 1280 a 1299 baixo o nome de Eric II de Noruega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Erik foi o fillo máis vello de Magnus VI e Ingeborg de Dinamarca. Foi través da súa ascendencia materna, era descendente do rei Olaf o Santo e, polo tanto, co seu ascenso ao trono a descendencia de Olaf volveu a reinar en Noruega.
Reinado[editar | editar a fonte]
Foi coroado en Bergen o 2 de xullo de 1280, contando con só 12 anos de idade. Por mor da súa curta idade, o goberno recalou nas mans dos seus conselleiros, entre os que atopábase a súa nai, a raíña viúva, Ingeborg.
É recordado como un rei débil, cuxas decisións sempre estiveron influídas polo seus conselleiros, aínda cando acadou a maioría de idade (15 anos). Recibiu o sobrenome de o inimigo dos curas pola tensa relación que mantivo coa igrexa norueguesa. Porén, a situación en realidade reflectía a rivalidade do clero coa aristocracia, que se fixera co control do goberno.
Probablemente pola cuestión dos reclamos da herdanza da súa nai en Dinamarca, Erik II apoiou a bandidos que, como Stig Andersen Hvide, asolaron as costas dinamarquesas despois da morte de Erik V.
Finou en 1299 e foi sepultado na antiga catedral de Bergen. Ao non deixar descendentes varóns, foi sucedido polo seu irmán máis novo, Haakon.
Matrimonio e fillas[editar | editar a fonte]
En 1281, casou coa princesa Margarida de Escocia, filla do rei Alexandre III. O compromiso pactárase anos atrás, nun intento do seu pai, Magnus VI, de mellorar as relacións con Escocia. Margarida finou poucos anos despois, en 1283, dando a luz a súa filla.
O 25 de setembro de 1293 casou con outra princesa escocesa, Isabel Bruce, irmá de Roberto I de Escocia. Deste matrimonio tivo outra filla:
- Ingeborg (1297-1353), princesa de Suecia e duquesa de Finlandia, esposa do duque Valdemar de Finlandia.
Predecesor: Magnus VI |
Rei de Noruega 1280 - 1299 |
Sucesor: Haakon V |