Equeneidos
Os Equeneidos (Echeneidae) ou rémoras son unha familia de peixes mariños incluída na ordedos Perciformes. Están distribuídas por tódolos océanos do mundo.
As rémoras caracterízanse por se adheriren a outros peixes máis grandes, tartarugas, baleas etc., practicando un comensalismo típico. Algunhas especies presentan unha gran especificidade pola especie do hóspede ó que pegan.
Actúan como limpiadores dos seus anfitrións e aliméntanse dos restos de alimento que deixan estes.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen un corpo alargado, con escamas cicloides pequenas. A cabeza está esmagada e presenta na parte superior un disco elíptico, "disco de succión", dotado de entre 10 e 28 láminas ou cristas tranversais que lles permiten adherirse con forza á pel doutros animais maiores ó producir o baleiro. Probablemente esta formación evolucionou a partir dunha espiña da aleta dorsal. Boca terminal, algo súpera, coa mandíbula inferior proxectada cara a diante e adiantando claramente a superior. Carecen de vexiga natatoria.
Aletas dorsal e anal opostas, posteriores e con 18-40 radios brandos, sen espiñas. As pectorais e pelvianas insírense ó mesmo nivel. Caudal fendida.
Os talles máximos chegan a 1 m de lonxitude (Echeines naucrates). A especie máis pequena só mide 17 cm.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en catro xéneros e oito especies:
- Xénero Echeneis (Linnaeus, 1758):
- Echeneis naucrates (Linnaeus, 1758)
- Echeneis neucratoides (Zuiew, 1786)
- Xénero Phtheirichthys (Gill, 1862):
- Phtheirichthys lineatus (Menzies, 1791)
- Xénero Remora (Gill, 1862):
- Remora australis (Bennett, 1840)
- Remora brachyptera (Lowe, 1839)
- Remora osteochir (Cuvier, 1829)
- Remora remora (Linnaeus, 1758)
- Xénero Remorina (Jordan e Evermann, 1896):
- Remorina albescens (Temminck e Schlegel, 1850)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Equeneidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Equeneidos |