Epicarmo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 524 a. C. Cos, Grecia |
| Morte | c. 435 a. C. Siracusa, Italia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía |
| Ocupación | dramaturgo, matemático, comediógrafo, filósofo, escritor |
| Período | Presocráticos |
| Movemento | Comedia antiga |
| Influencias | |
| Familia | |
| Fillos | Dinolochus |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Реальный словарь классических древностей по Любкеру, 1885 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Epicarmo (en grego antigo: Ἐπίχαρμος, Epíkharmos) (ca 540 a.C. - ca 450 a.C.) foi un comediógrafo e poeta grego, atribúenselle corenta comedias das que restan tan só algúns títulos e fragmentos das súas obras. É o máximo representante con Pratinas do primeiro período da comedia grega.
Aristóteles na súa Poética sinala como lugar de nacemento Megara, en Sicilia pero viviu en Siracusa durante gran parte da súa vida.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Ulises desertor.
- Ulises náufrago.
- Sereas.
- Casoiro de Hebe e Hércules.
- Hércules e Folo.
- Ciclopes.
- O amigo.
- Terra e mar.
- A megaresa.
- Visitantes do templo.
- Esperanza ou riqueza.
- Os peregrinos.
- Dionisios.
- A esfinxe.
- As Bacantes.
- Os troianos.