Eparquía ortodoxa rusa de Lviv e Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eparquía de Lviv e Galicia
Церква святого Георгія у Львові 1.jpg
Datos xerais
ErixidaSéculo XII
(Diocese de Galicia)
Información
IgrexaIgrexa Ortodoxa Ucraína
(Patriarcado de Moscova)
Xerarquía
BispoFilaret Kucherov
Outros datos
Sede centralLviv
Páxina webupc.lviv.ua
Львівська єпархія УПЦ(МП).png

A eparquía de Lviv e Galicia é unha eparquía da Igrexa Ortodoxa Ucraína baixo o Patriarcado de Moscova, situada na provincia de Lviv e con sé na súa capital Lviv.

A actual eparquía existe dende 1988. En 2007 estruturábase en 62 parroquias, e estaba situada en quinto lugar en termos de fieis no territorio, por detrás da Igrexa Católica Ucraína, da Igrexa Ortodoxa Ucraína do Patriarcado de Kiev, da Igrexa Ortodoxa Autocéfala Ucraína e da Igrexa Latina.

Isto é resultado dos conflictos relixiosos que sucederon en Ucraína entre nas décadas de 1980 e 1990, logo do estabelecemento pouco amigábel da xurisdición do patriarcado de Moscova, da que xurdiron as xurisdicións ortodoxas non canónicas. Moitas das parroquias da eparquía uníronse a algunha destas igrexas non canónicas. A eparquía tamén perdeu moitas igrexas que obtivo en 1946, logo da integración dos greco-católicos na Igrexa Ortodoxa forzada polas autoridades soviéticas.