Saltar ao contido

Enterocolite necrosante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enterocolite necrosante
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Factor de risco
Códigos e identificadores
Freebase/m/06t4y2 Editar o valor en Wikidata
MeSHD020345 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC84915 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB31774 Editar o valor en Wikidata
CIE-10K55.3 Editar o valor en Wikidata
CIE-9777.5 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001148 Editar o valor en Wikidata
eMedicine977956 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779303187 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Radiografía de abdome dun bebé con enterocolite necrosante.

A enterocolite necrosante ou necrotizante (ECN) é unha doenza tipicamente pediátrica que afecta aos acabados de nacer. Constitúe a enfermidade dixestiva máis frecuente no neonato, e a urxencia dixestiva que máis adoita desembocar en coidados intensivos. Trátase dunha condición moi grave, con taxas de mortalidade e de hospitalización elevadas, preto do 30%. Esta doenza é tanto máis frecuente canto maior prematuridade presente o bebé.

A enterocolite caracterízase por unha falta de maduración do aparello dixestivo, que condiciona unha isquemia intestinal e unha inflamación. Ademais, prodúcese un sobrecrecemento bacteriano que pode dar lugar a unha sepse, un shock e mesmo até producir a morte.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

A sintomatoloxía da ECN caracterízase pola presenza tanto de síntomas dixestivos coma sistémicos. O síntoma que máis se adoita producir é a dor e a distensión abdominal. Tamén é frecuente atopar sangue oculta nas feces, vómitos edema da parede abdominal ou aumento do residuo gástrico.

Como síntomas sistémicos, destacan a bradicardia, as apneas, a letarxia e a síndrome de distrés respiratoria.

Existe unha forma moi grave denominada enterocolite fulminante, que ten un comezo brusco, con rápida progresión cara á afectación multisistémica, o shock, a coagulación intravascular diseminada e eventualmente a propia morte.

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

O diagnóstico da ECN establécese segundo os criterios de Bell. Así, para diagnosticar a un nadón desta condición, cómpre que se dean as seguintes condicións:

  • Signos sistémicos da doenza: febre ou hipotermia, apneas ou dificultade respiratoria, bradicardia.
  • Signos dixestivos: silencio abdominal, dor na palpación do abdome.
  • Signos radiolóxicos específicos: neumatose intestinal ou gas no sistema portal hepático.
  • Alteracións na analítica sanguínea: acidose metabólica, hiponatremia, leucopenia ou trombocitopenia.