Saltar ao contido

Enrique Vigo Teijeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Vigo Teijeiro
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (93/94 anos)
Barallobre, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, militar, maquis Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1709591 Nomes e Voces: 5291

Enrique Vigo Teijeiro, nado en Ferrol en 1914 e finado en Barallobre (Fene) o 16 de xaneiro de 2008,[1] foi un militar e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con 18 anos ingresou na Mariña e foi destinado ao cruceiro Almirante Cervera. Catro anos despois, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 optou polo bando republicano. Foi apresado, retido e xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do Cervera) o 8 de xaneiro de 1937.[2] Foi condenado a cadea perpetua e estivo encarcerado en Cádiz ata que foi liberado en 1942. Á saída entrou en contacto coa guerrilla antifranquista, coa que colaborou ata que o detiveron en 1950. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,[3] foi condenado a doce anos de prisión. Encarcerado en Dueso (Santoña), foi liberado en 1956.

Regresou a Fene e incorporouse ao traballo auxiliar da industria naval.

  1. "Falece aos 93 anos en Fene o último guerrilleiro da comarca". La Voz de Galicia. 16 de xaneiro de 2008. 
  2. La Voz de Galicia, 9-1-1937, p. 2.
  3. "Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5.