Enrique Vidal Bobo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1864 Lalín, España |
Morte | 22 de xaneiro de 1935 (70 anos) Lalín, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 20 de marzo de 1929 | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, funcionario |
Familia | |
Fillos | Enrique Vidal Abascal |
Enrique María Vidal Bobo, nado en Lalín o 24 de febreiro de 1864 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1935, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Vidal Lores e Socorro Bobo Alonso. Empezou a traballar como auxiliar de Facenda. En 1900 foi administrador de Libros da Intervención de Facenda de Oviedo. Entre 1905 e 1910 foi administrador, tesoureiro e interventor en Valladolid, Murcia, Oviedo, Madrid, Cáceres e A Coruña. En 1910 foi nomeado Delegado de Facenda de Ourense e en 1917 Delegado de Facenda na Coruña. Foi presidente do Tribunal económico-administrativo. Colaborador e amigo de José Calvo Sotelo, na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado membro da Asemblea Nacional en outubro de 1927, cesando en marzo de 1929.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Abascal Ruiz e foi pai de Enrique Vidal Abascal.