Enrique Guerra
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Enrique Sánchez-Guerra Mosquera |
Morte | 1948 Pontecesures, España |
Outros nomes | Enrique Guerra |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Enrique Sánchez-Guerra Mosquera, coñecido como Enrique Guerra, finado en Pontecesures en 1948[1], foi un fotógrafo e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fotógrafo con estudio na rúa Calderería de Santiago de Compostela. Foi correspondente gráfico de Vida Gallega en Santiago de Compostela. Dirixiu o semanario Miña Terra. Foi un dos fundadores e o primeiro director do coro Cantigas e Agarimos. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en abril de 1924[2]. Dimitiu como concelleiro en xuño de 1926[3].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Obdulia Sánchez Vaamonde de Salgado o 22 de decembro de 1902[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 24-4-1948, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 10-4-1924, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 10-6-1926, p. 1.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-12-1902, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabo, José Luis (21-2-1988). "Prensa santiaguesa: "Miña Terra"". La Voz de Galicia: 33.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Asorey no seu primeiro taller" La Voz de Galicia, 23/4/2017.