English Electric Lightning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
English Electric Lightning
Lightning voando sobre Bristol, Inglaterra no 1964
FabricanteEnglish Electric
British Aircraft Corporation
Primeiro voo4 de agosto de 1954
Introducido11 de xullo de 1960
Retirado1988
Principais usuariosRoyal Air Force
Forza Aérea de Kuwait
Real Forza Aérea de Arabia Saudita
Unidades construídas337

O English Electric Lightning (posteriormente BAC Lightning) foi un avión caza británico supersónico da guerra fría, lembrado principalmente pola súa velocidade alta e o seu aspecto metálico. O Lightning entrou en servizo na Royal Air Force e a Real Forza Aérea Saudita. O avión utilizouse en exhibicións de voo, superou varias marcas mundiais de velocidade e foi o primeiro avión supercruceiro. En xullo de 2006, o F-35 Joint Strike Fighter foi renomeado como "Lightning II" para distinguirse do English Electric Lightning e o P-38 Lightning.

O primeiro de dous prototipos P-1A con motores Sapphire voou o 4 de agosto do ano 1954, e o moi mellorado P-1B, despois chamado Lightning, o 4 de abril do 1957 e converteuse no primeiro avión británico que excedía Mach 2. Na práctica, dez escuadróns baseados en Gran Bretaña recibiron este interceptador todotempo armado con mísiles, veloz e equipado con radar, que supuxo unha mellora respecto dos subsónicos Hunter e Javelin que substituíu. Dúas unidades foron despregadas na RAF Germany, unha en Chipre e unha en Singapur. A meirande parte da frota de Lightning converteuse ó Phantom a mediados dos anos 70, pero a Ala de Binbrook (Escuadróns 5 e 11) aguantou ata o 1987 e 1988, no que realizou a transformación ó Tornado F.Mk 3.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: caza interceptador monopraza English Electric Lightning F.Mk 2A.
  • Construtor: English Electric
  • Ano: 1954
  • Principal usuario: Royal Air Force, Kuwait e Arabia Saudita.
  • Envergadura: 10,61 m.
  • Lonxitude: 16,84 m.
  • Altura: 5,97 m.
  • Área alar: 41,4 m².
  • Peso baleiro: 12.719 Kg.
  • Peso cargado: 18.915 Kg.
  • Planta motriz: 2 Rolls-Royce Avon 301.
  • Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm sobre a proa e 2 máis abaixo dela, e 2 AAM Firestreak baixo a fuselaxe.
  • Velocidade máxima: Mach 2,27
  • Alcance operacional: 373 millas