Eneko Zarrabeitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEneko Zarrabeitia
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Abadiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eneko Zarrabeitia Salterain, alias Sorgin, nado en Abadiño2 de xuño de 1981 é un terrorista membro da organización terrorista ETA, detido o 8 de decembro de 2008 en Francia pola Garda Civil e a policía francesa xunto a Aitzol Iriondo e Aitor Artetxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eneko Zarrabeitia está acusado de pertencer ós comandos "Biscaia" (2006) e "Larrano". Coa caída de parte do comando Biscaia fuxiu a Francia. En 2007, Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, Txeroki integrouno no comando Larrano, que actuou en Cantabria en xullo dese mesmo ano cun coche bomba en Santander. Cando a policía detivo ao seu compañeiro, Aritz Arginzoniz, Zarrabeitia conseguiu fuxir de novo a Francia

En maio de 2008 sospéitase que tivo un encontro con membros de ETA do comando "Hegoak" ós que entregou unha furgoneta que fixeron estalar con explosivos no cuartel da Garda Civil de Legutio o día 14 de devandito mes, e no que morreu o axente Juan Manuel Piñuel.

Está acusado na Audiencia Nacional como integrante do Comando Larrano e pola entrega do coche bomba co que se atentou en Legutio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]