Emmy Sonnemann
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Emma Johanna Henny Sonnemann 24 de marzo de 1893 Hamburgo, Alemaña |
| Morte | 8 de xuño de 1973 Múnic, Alemaña |
| Lugar de sepultura | Waldfriedhof de Munique (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de teatro, autobiógrafa, actriz de cinema, coleccionista de arte |
| Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores |
| Familia | |
| Cónxuxe | Hermann Göring (1935–1946) |
| Fillos | Edda Göring |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |

Emma Johanna Henny Sonnemann, nada en Hamburgo en 1893 e finada en Múnic en 1973, foi unha actriz alemá, coñecida por ser a segunda muller de Hermann Göring (1935-1946).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun xerente dunha fábrica de chocolate, pasou unha infancia despreocupada. En 1911 entrou na escola de teatro de Leopold Jessner e fíxose actriz profesional. En 1916 casou cun actor, pero o matrimonio non durou moito. En 1922 entrou no Teatro Nacional Alemán de Weimar.
En 1932 coñeceu a Hermann Göring durante unha visita á cidade de Adolf Hitler. En 1933 por influencia de Göring, xa presidente do goberno de Prusia, entrou a formar parte do Berliner Schauspieltheater. En 1934 actuou no filme Wilhelm Tell no papel de Hedwig. O 10 de abril de 1935, data da voda entre Emmy e Göring, declarouse xornada festiva en Alemaña, e pouco despois Emmy abandonou a súa carreira teatral. En 1938 naceu a súa única filla, Edda.
Hitler mandou deter a Göring e a súa familia o 25 de abril de 1945 por alta traizón, e Emmy permaneceu arrestada ata a rendición de Alemaña. O 25 de outubro de 1945 detivérona os americanos ata o 19 de febreiro de 1946. Detida de novo o 27 de maio de 1947, acusada de enriquecemento ilícito durante o réxime nazi, e trasladada ao campo de internamento de Göggingen, condenada a un ano de traballos forzados e a incautación do 30% do seu patrimonio. Posta en liberdade en xullo de 1948 trasladouse a vivir a Múnic.
En 1967 publicou un libro de memorias.