Saltar ao contido

Emmi Pikler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmmi Pikler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Emilie Madeleine Reich Editar o valor en Wikidata
9 de xaneiro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 21/1-1-113 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpediatra, psiquiatra Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGyörgy Péter Editar o valor en Wikidata
Premios

Emmi Pikler, nada o 9 de xaneiro de 1902[1] en Viena e finada o 6 de xuño de 1984 en Budapest (nome de nacemento Emilie Madleine Reich), foi unha pediatra húngara que presentou teorías novas de educación infantil, e que as puxo en práctica nun orfanato que dirixiu.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1902 e pasou a súa infancia en Viena. Foi filla única dunha profesora de infantil vienesa e dun artesán húngaro. En 1908 trasladáronse a Budapest. A súa nai morreu cando ela tiña 12 anos.

Volveu a Viena para estudar Medicina e licenciouse en 1927. A súa formación pediátrica desenvolveuse no Hospital Infantil da Universidade de Viena con Clemens von Pirquet e estudou cirurxía pediátrica con Hans Salzer.

O seu marido era un matemático e educador con experiencias aliñadas coa perspectiva de Emmi Pickler en fisioloxía do desenvolvemento. Ambos decidiron co nacemento da súa primeira crianza permitirlle liberdade de movemento e agardar o seu desenvolvemento con calma, co obxectivo de promover o seu desenvolvemento saudábel. A experiencia de Pikler coa súa filla axudouna a construír a súa perspectiva de que unha crianza non debe ser estimulada a moverse con xogos e que cada detalle da relación cunha crianza e co seu medio é importante.

Ao principio a familia viviu en Trieste, e máis tarde en Budapest.

En 1935 Pikler cualificouse como pediatra en Hungría. Escribiu e deu conferencias sobre o coidado e o desenvolvemento de bebés e nenos. Publicou o seu primeiro libro para nais e pais en 1940 que tivo varias edicións en Hungría e noutros países.

Os dez anos nos que traballou como médica de familia foron difíciles. A súa familia era xudía e o seu marido foi apresado por razóns políticas entre 1936 a 1945. Coa axuda das nais e pais que ela axudara, Pikler e a súa familia sobreviviron a persecución dos xudes durante a Segunda guerra mundial.

Despois da guerra tivo dous fillos máis. Non volveu ter unha clínica privada, mais traballou para unha asociación nacional para nenos abandonados e desnutridos. Ademais doutras actividades, fundou o orfanato Lóczy (co nome da rúa onde estaba situado) en 1946, que dirixiu até 1979. Procurou estabelecer unha atmosfera acolledora, incluíndo unha selección coidadosa do persoal, que lles permitise aos nenos do orfanato medrar sen os danos frecuentes neles.

Elsa Gindler e Henry Jacoby descubriran na década de 1920 que era esencial entender o camiño natural do desenvolvemento infantil para permitir o desenvolvemento das capacidades e potencialidades. Gindler e Jacoby explicaran que a educación tradicional e a educación dos nenos temperás danaran a iniciativa das nenas e nenos e impediran o seu desenvolvemento.

En 1946 Pikler fundou o Instituto Lóczy en Budapest. Baixo o seu liderado, e a través da publicación de libros e publicacións científicas, desenvolveu unha institución internacionalmente coñecida xestionada posteriormente pola súa filla, a psicóloga de nenos Anna Tardos que continuou co seu traballo científico e de asesoramento. En 1984 Pikler morreu despois dunha enfermidade curta mais grave.

  • Laßt mir Zeit. Die selbständige Bewegungsentwicklung des Kindes bis zum freien Gehen. Untersuchungsergebnisse, Aufsätze und Vorträge. (Dáme tempo. O desenvolvemento independente do movemento da crianza ata ser quen de andar libremente. Resultados de exames, ensaios e conferencias.) (con Anna Tardos). Pflaum, München 2001 / 3. Reprint ISBN 3-7905-0842-X
  • Friedliche Babys - zufriedene Mütter. Pädagogische Ratschläge einer Kinderärztin. (Bebés pacíficos - nais felices. Consellos educativos dunha pediatra.) Herder, Freiburg 2008/9. Reprint ISBN 978-3-451-04986-6
  1. "Emmi Pikler, médica". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-01-09. Consultado o 2020-11-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Myriam David, Geneviéve Appell : Lóczy ou le Maternage Insolite París, Editions du Scarabée, 1973
  • Emmi Pikler : Se mouvoir en liberté dès le premier âge, París, P.U.F, 1979
  • Bernard Martino : Les Enfants de la colline des roses : Lóczy, une maison pour grandir, Lattès, 2001
  • Agnès Szanto-Féder (sous la direction de) : Loczy: un nouveau paradigme ? París, P.U.F, 2002

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]