Emma Lira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora, viaxeira |
Emma Isabel Lira, nada en Madrid en 1971, é unha xornalista, escritora, viaxeira española, licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou traballando en Diario16 e exerceu como redactora xefe en diferentes publicacións. Apaixonada da arqueoloxía, e gran coñecedora da cultura árabe, a historia das relixións e, en especial, o islam, viaxou polo Magreb, Oriente Medio e o África Subsahariana en coche.
En 2011 foi finalista do XVI Premio Fernando Lara coa súa novela Tras el Agua Grande,[1] e deu o salto ao relato longo publicando dúas novelas: Búscame donde nacen los Dragos, (Plaza y Janés, 2013)[2][3][4] Lo que esconden las olas, (Plaza y Janés, 2015)[5][6] Espejismo, viaje al Oriente desaparecido (2018), Ponte en mi piel, (Espasa, 2019) e El último árbol del paraíso, (Espasa, 2020).
Na actualidade, redacta guías de viaxe para Lonely Planet, colabora con National Geographic, é membro da Sociedade Xeográfica Española e exerce como guía en destinos africanos como Etiopía, Marrocos ou Madagascar.
Obras
[editar | editar a fonte]- Búscame donde nacen los dragos, (Plaza y Janés, 2013).[7]
- Lo que esconden las olas (Plaza y Janés, 2015).[8]
- Espejismo. Viaje al oriente desaparecido (En elaboración).[9]
- Ponte en mi piel (Espasa, 2019), baseada na historia de Petrus Gonsalvus
- El último árbol del paraíso (Espasa, 2020)
- Búscame donde nacen los dragos, edición 10.ª aniversario (Delmedio Ediciones, 2022)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2011 Finalista do XVI Premio Fernando Lara coa súa primeira novela Tras el Agua Grande.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Diez novelas, finalistas del XVI Premio Fernando Lara | Fundación José Manuel Lara". fundacionjmlara.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Una «Indiana Jones» entre guanches". abc (en castelán). 12 de marzo de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ Internet, Unidad Editorial. "La isla del árbol milenario y princesas aborígenes". Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Emma Lira debuta en la novela con una historia de guanches y huida interior". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ S.L., Titania Cía. Editorial,. "Emma Lira rescata de las profundidades de Cabo Palos el naufragio de El Sirio - Martes, 02 Junio 2015 19:33". El Confidencial (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Emma Lira rescata de las profundidades de Cabo Palos el naufragio de El Sirio". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ Lira, Emma (2013). Búscame donde nacen los dragos (Primeira edición ed.). PLAZA & JANES EDITORES. ISBN 9788401354205. OCLC 829745331.
- ↑ Lira, Emma (2015). Lo que esconden las olas (Primeira edición ed.). PLAZA & JANES EDITORES. ISBN 978-84-01-01574-8. OCLC 908024286.
- ↑ Espejismo, Emma Lira. Consultado o 9 de outubro de 2017.