Emma Calderón y de Gálvez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Emma Calderón de Gálvez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emma Calderón y de Gálvez
Emma Calderón. Ilustración Gallega 42, 01-08-1914.jpg
Nacementoséculo XIX
 San Fernando
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Emma Calderón y de Gálvez, nada en San Fernando (provincia de Cádiz),[1] foi unha xornalista, mestra e escritora española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de mariño, residiu en Ferrol desde nena pola profesión de seu pai, e despois regresou a vivir a Cádiz, onde xa residía en 1913. Foi mestra, e publicou poemas e artigos en prensa, entre eles un texto defendendo a entrada de Emilia Pardo Bazán na Real Academia Española. Tras a morte de Nicomedes Ferrari, con quen tiña amizade, pasou a dirixir o periódico El Anunciador de Xibraltar.[2]

Publicou tamén en Ilustración Gallega,[3] Diario de Cádiz, Diana, Arco Iris, El Último, Cádiz Gráfica, La Alhambra, La Isla, El Heraldo, El Éxito, Alma Latina e Bromas y Veras.[4]

Foi membro da Academia Hispanoamericana de Cádiz, e en 1911 foi elixida socia de honra da Asociación da Prensa de Cádiz.[5] Intercambiou correspondencia, entre outros, con Xesús Rodríguez López.[6]

Segundo Carmen Ramírez Gómez (2000) empregou o pseudónimo de Narciso del Prado,[4] nome que a maioría das fontes atribúen a outra escritora coetánea: Paulina Ibarra Blasco.

Obra[editar | editar a fonte]

  • ¡Por su moreniya! (1913, conto).
  • Poesía y prosa (Madrid, 1914).
  • Sobre las cumbres (1920; contos)
  • Entre gavilanes (folletín)
  • Lucha (folletín)
  • Manjar de Dios (folletín)
  • Solera (folletín)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

¡Por su moreniya!. 1913. 
Sobre las cumbres. 1920. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Couceiro Freijomil, A. (1951). "Calderón y de Gálvez, Emma". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 198. 
  2. Emma Calderón y de Gálvez, no blog A los poetas andaluces, 2/7/2013 (en castelán).
  3. Textos da autora en Ilustración Gallega, na páxina web da Real Academia Galega.
  4. 4,0 4,1 Ramírez Gómez, C. (2000). Mujeres escritoras en la prensa andaluza. US. pp. 91–93.  ISBN 9788447205606.
  5. Lucas, Ángeles (9/3/2012). "Las periodistas de hace 100 años". El País (en castelán). 
  6. Calvo López, M. (ed.) (2016): Epistolario a/de Xesús Rodríguez López. Concello de Lugo. ISBN 9788492895274.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]