Emilio Lois Cerviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Lois Cerviño
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Carballedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata

Emilio Lois Cerviño, nado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) en 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o de 22 de febreiro de 1963, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1927.[1] Foi nomeado mestre interino de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) en abril de 1930.[2] Cursillista de 1931, dende 1934 foi mestre do Igrexario en Cerdedo. Membro da Sociedad de Agricultores de Carballedo, formou parte da comisión de festas de San Roque en 1934.[3] Formou parte do Comité Pro-Estatuto de Autonomía de Cotobade en representación do PSOE.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[5] Traballou no Colexio Leon XIII de Vilagarcía de Arousa.[6] No proceso de depuración foi acusado de "Militancia en organizaciones afectas a la Republica, actitudes contrarias a la Causa Nacional e Ideología de izquierdas", e foi sancionado coa sepración definitiva do corpo o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas o 9 de setembro de 1941.[7] Solicita a revisión da sanción e escribe ao presidente do Julgado Superior de Revisións Pío García Escudero en demanda dunha resposta á súa solicitude en marzo de 1949.[8] Finou en Vilagarcía de Arousa o de 22 de febreiro de 1963.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Pontevedra, 17-6-1927, p. 2.
  2. La Región, 24-4-1930, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 14-6-1934, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 14.
  5. "Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6.
  6. Maestros do Leon XIII.
  7. BOE, 21-3-1942, p. 1497
  8. "La depuración franquista del Ayuntamiento de Pontevedra."
  9. Necrolóxica en La Noche, 25-2-1963, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]