Emblema de Sri Lanka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emblema de Sri Lanka
Emblem of Sri Lanka.svg
Detalles
ArmigerSri Lanka
Adoptado1972
CristaUn dharmacakra en azur
AlicerceSímbolos da Lúa e do Sol

O emblema de Sri Lanka é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente en 1972. Na parte central deste escudo figura un león amarelo ou dourado que porta unha espada e que está no interior dun círculo de cor vermella cun bordo composto por pétalos dourados da flor de loto. Os pétalos de loto están rodeados por unha coroa de espigas de arroz que medran nun recipiente da parte inferior do escudo. A carón deste recipiente aparecen a Lúa e o Sol, que son símbolos de lonxevidade.

Na parte superior do escudo figura o dharmachakra, o "torno do Destino" que é un símbolo budista. O león armado coa espada tamén aparece representado na bandeira nacional, e é un símbolo adoptado do estandarte que tivo o desaparecido Reino de Kandy.

Escudos históricos[editar | editar a fonte]

Escudo Descrición Datas
Arms of Portuguese Ceylon.png Escudo do período portugués en Ceilán 1505–1658
Coat of arms Ceylon dutch colony.jpg Escudo do período neerlandés 1602–1796
Coat of arms Ceylon british colony.jpg Armas usadas ó comezo da Ceilán británica
Armas usadas durante o período británico 1875–1948
Coat of arms Ceylon british colony.jpg Armas usadas polo Dominio de Ceilán ata 1954. 1948–1954
Coat of Arms Ceylon dominion.svg Emblema do Dominio de Ceilán 1952–1972

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]