Elías López Delgado
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 Córgomo, España |
Morte | 7 de novembro de 1940 (45/46 anos) Ourense, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, viticultor |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Elías López.
Elías López Delgado, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) cara 1894 e finado en Ourense 7 de novembro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante e viticultor do Córgomo. Tesoureiro do Partido Galeguista de Vilamartín de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. Combateu no Batallón Galicia do Exército do Norte. Coa caída de Asturias retornou a Valdeorras e integrouse na guerrilla no grupo do Córgomo liderado por Antonio Arias Prada, que operou nas Terras de Valdeorras de finais de 1937 até finais de 1939. Detido, foi xulgado en Ourense o 30 de agosto de 1940 por rebelión militar e condenado á pena de morte. Foi fusilado en Ourense o 7 de novembro de 1940 con Antonio Arias Prada.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 8-11-1940, p. 2.