Antonio Arias Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Arias Prada
AlcumeClavel
Nacemento1895
Lugar de nacementoVilamartín de Valdeorras
Falecemento7 de novembro de 1940
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e membro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Antonio Arias Prada, coñecido como Clavel, nado en Vilamartín de Valdeorras en 1895 e finado en Ourense 7 de novembro de 1940, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Galeguista, foi presidente do PG de Vilamartín de Valdeorras. Foi tenente alcalde do concello de Vilamartín de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe e logo fuxiu a Asturias. Combateu no Batallón Galicia do Exercito do Norte acadando a graduación de tenente. Coa caída de Asturias retornou a Valdeorras e organizou un grupo guerrilleiro de sete ou oito membros, o grupo do Corgomo, que operou nas Terras de Valdeorras dende finais de 1937 até finais de 1939. Detido, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado en Ourense o 7 de novembro de 1940 con Elías López Delgado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 8-11-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]