Elusimicrobios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Elusimicrobia")
Elusimicrobios
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Elusimicrobia
Clases, Ordes, Familias, Xéneros

O filo dos elusimicrobios (Elusimicrobia) antes coñecido como "Grupo 1 Térmites" é un filo de bacterias recentemente proposto, difundido amplamente en moitos ecosistemas como ambientes mariños, lodos residuais, sitios contaminados, solos e dentro de térmites e outros insectos. A gran abundancia dos Elusimicrobia está evidenciada polas mostras de ARNr atopadas en distintos ambientes, pero as liñaxes que viven como endosimbiontes nas térmites son as máis coñecidas e estudadas. [1]

O primeiro organismo do grupo que foi cultivado foi Elusimicrobium minutum (clase Elusimicrobia). Esta especie foi atopada dentro de larvas de escaravellos; é un diminuto bacilo Gram-negativo dunha lonxitude máxima de 0,3 microns, que fermenta azucres.

Foron tamén foron parcialmente descritas outras dúas especies, que se situaron nunha clase separada e bastante distante, coñecida como Endomicrobia. Os Endomicrobia viven dentro de protistas que á súa vez están no aparato dixestivo das térmites, onde estes protistas realizan a dixestión da lignocelulosa. [2]


Filoxenia[editar | editar a fonte]

O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [3] e no NCBI (National Center for Biotechnology Information) [4] e na filoxenia baseada nas secuencias do ARNr de 16 S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree. [5]



Elusimicrobium minutum Geissinger et al. 2010


  'Candidatus Endomicrobium' ♥

'Candidatus E. pyrsonymphae' ♥ Sting et al. 2005



'Candidatus E. trichonymphae' ♥ Sting et al. 2005




Notas: ♥ Estirpes non atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) e listadas na LPSN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Herlemann, D.P.R., Geissinger, O., Brune, A. (2007). "The Termite Group I phylum is highly diverse and widespread in the environment.". Appl. Environ. Microbiol. 73 (20): 6682–6685. doi:10.1128/AEM.00712-07. PMC 2075069. PMID 17704269. 
  2. Sting, U.; et al. (2005). ""Endomicrobia": Cytoplasmic Symbionts of Termite Gut Protozoa Form a Separate Phylum of Prokaryotes". Appl. Environ. Microbiol. 71 (3): 1473–1479. doi:10.1128/AEM.71.3.1473-1479.2005. PMC 1065190. PMID 15746350. 
  3. J.P. Euzéby. "Elusimicrobia". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Consultado o 2011-11-17. 
  4. Sayers; et al. "Elusimicrobia". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 2011-06-05. 
  5. All-Species Living Tree Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Consultado o 2011-11-17.