Eliseo Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eliseo Seoane Bardanca»)
Infotaula de personaEliseo Seoane
Biografía
Nacemento1 de abril de 1915 Editar o valor em Wikidata
Vilamaior, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , químico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 6187238


Eliseo Seoane Bardanca, nado en Vilamaior (Santa Comba) o 1 de abril de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 5 de maio de 1986,[1] foi un catedrático, teólogo, filósofo e químico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1931 fixo en Santiago de Compostela o ano do Noviciado e en 1938 a profesión de votos solemnes. Concluídos os estudos de Filosofía, Teoloxía e demais ciencias relacionadas como ministerio pastoral e sacerdotal, ordenouse presbítero no ano 1939.

En 1949 iniciou os estudos de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Madrid en 1945. En 1949 doutorouse coa tese Sulfamidas arsenicales[2]. En Santiago de Compostela foi profesor axudante de Química Orgánica (1945-1949), adxunto (1946-1954), profesor agregado de Química Orgánica na Universidade de Barcelona (1967-1974)[3] e catedrático da mesma materia na Universidade de Valencia (1974-1985)[1][4].

As súas investigacións e publicacións, coroadas por varias patentes científicas, acreditouno para traballar en universidades británicas como Birkbeck College, Chemistry Department Imperial College e na Universidade de Glasgow, xunto ao premio Nobel de Química, Derek Barton[5]. En Londres elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas ás que denominou ácido masticadienónico e ácido isomasticadienónico. Foi director dos departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Consello Superior de Investigacións Científicas de España.

Presentou estudos no Internacional Symposium on Microchemical Techniques, en Pensilvania (EEUU), entre eles o seu traballo "Demostration of Funcional Groups in Indole Compouns by Micro Scale Reactions". Era membro da Real Sociedade Española de Física e Química, Boletín da Universidade Santiago de Compostela, Journal of the Chemical Society, Revista de Ciencia Aplicada, Ión, Tetrahedron e Información de Química Analítica, entre outras.

Realizou 105 traballos científicos editados coa súa sinatura, 22 teses de doutoramento[6] dirixidas durante o seu maxisterio. Todo isto compaxinouno co seu labor de crego e franciscano concretado en diversos labores pastorais como catequese rural, predicación, ensino a futuros frades e publicación de escritos en revistas como Liceo Franciscano e Verdad y Vida[7]. Cando finou, no Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela, contaba con 71 anos e foi soterrado na súa parroquia natal de Vilamaior.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Sulfamidas arsenicales, 1949.

Notas[editar | editar a fonte]