Elisa Vázquez de Gey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1955 Lugo, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora |
Elisa Vázquez de Gey, nada en Lugo en 1955,[1] é unha filóloga e escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía francesa na Universidade de Santiago de Compostela.[2][3]
É coñecida polas súas obras sobre Anita Delgado, princesa de Kapurthala. Publicou cinco entregas ao redor da vida desta muller: As biografías Anita Delgado. Maharaní de Kapurthala e La Princesa de Kapurthala, a novela histórica, El sueño de la Maharaní, a tradución ó castelán do libro de viaxes escrito por Anita Delgado en francés: Impresiones de mis viajes por las Indias[4] e, en colaboración con Francisco M. Zambrana, Recordando a una Princesa, un álbum de fotografías e recortes de prensa sobre Anita Delgado.
Publicou tamén a novela histórica Una casa en Amargura que aborda o panorama da escravitude feminina na Cuba colonial española xunto coa historia das oito expedicións de colonos galegos que foron escravizados na Habana polo empresario ourensán e diputado a cortes Urbano Feijóo Sotomayor.
É autora, por encargo do Consello da Cultura Galega, da biografía de Urbano Feijóo Sotomayor para o Álbum de Galicia.[5]
En novembro de 2025 publicou El Alma del tango. Ada Falcón, la diva. Obra de non ficción narrativa ambientada nos anos 30 do século XX en Bos Aires: tango, radio e a historia da famosa cancionista arxentina retirada no culmen da fama e atopada 50 anos despois.
Obras
[editar | editar a fonte]- Versos sin rimmel (en castelán) (1ª ed.). Madrid: Torremozas. 1986. ISBN 84-86072-49-2.
- Quemar as meigas: Galicia, 50 años de poesía de mujer (en castelán). Madrid: Torremozas. 1988. ISBN 8478390006.
- Atentamente suya (en castelán). Madrid: Cyan. 1995. ISBN 8481980757.
- Anita Delgado: Maharaní de Kapurthala (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Planeta. 1998. ISBN 84-08-02440-X.
- El sueño de la Maharaní (en castelán). Random House Mondadori. 2005. ISBN 84-253-3961-8.
- La Princesa de Kapurthala (en castelán). Barcelona: Planeta. 2008. ISBN 978-84-08-08262-0.
- Una casa en Amargura (en castelán). Barcelona: Ediciones B. 2015. ISBN 9788466657099.
- Impresiones de mis viajes por las Indias (en castelán). A Coruña: Ediciones del Viento, Col. Viento Simún nº 87, 2017. ISBN 978-84-15374-98-5
- Recordando a una Princesa. Álbum de fotografías y recortes de Anita Delgado (en castelán). Málaga: Ediciones del Genal. 2023. ISBN 978-84-19442-60-4
- El Alma del tango. Ada Falcón, la Diva. Córdoba. Editorial Almuzara. 2025. ISBN 9791370200626. Con Eduardo Alberto Zavala.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García, Rodri (26 de xuño de 2015). "Elisa Vázquez de Gey: «Los esclavos de Cuba fueron sustituidos por colonos gallegos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ "Una casa en Amargura". Ecured (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ "Elisa Vázquez de Gey". Xeanoloxía.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ "Mi libro: “Impressions de mes voyages aux Indes”". www.princesadekapurthala.com (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ Vázquez de Gey, Elisa_. "Urbano Feijoo". consellodacultura.gal. Consultado o 3 de abril de 2025.
- ↑ Grande, Antón (2025-12-06). "Tango". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2025-12-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial
- Gallegos por esclavos, documental sobre a escravitude galega en Cuba, coa participación de Elisa Vázquez (RTVE, en castelán)