Elicura Chihuailaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElicura Chihuailaf

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Provincia de Cautín, Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo mapuche Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Concepción Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2023 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua mapuche Editar o valor em Wikidata
Premios

Elicura Chihuailaf Nahuelpán, nado en Quechurehue en 1952, é un poeta mapuche chileno, considerado un dos meirandes escritores mapuche; a súa obra é principalmente bilingüe, en mapuche e español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chihuailaf naceu nunha aldea a 75 quilómetros ao leste de Temuco[1] pertencente ao concello de Cunco, na provincia de Cautín da Rexión de Araucanía. A súa infancia, o núcleo fundamental da súa escritura, viviuna nunha área caracterizada pola ruralidade e a cosmovisión mapuche, como narra no seu libro Recado confidencial a los chilenos.[2] Unha intimidade en torno á lareira, onde adquiriu dos seus avós a arte dos relatos (nütram) e os consellos dos maiores (ngülam), toda esta contorna propia da literatura oral penetrou a súa obra caracterizada por ambientes austrais e elementos do imaxinario mapuche pero tamén na súa obra hai referentes de autores como José Santos González Vera, Nicomedes Guzmán ou Manuel Rojas[3] . A súa educación básica realizouna no Liceo Atenea na vila de Cunco. Cursou a secundaria no Liceo Pablo Neruda de Temuco e estivo interno no liceo masculino desa cidade.[4]

Titulouse en obstetricia pola Universidade de Concepción, pero nunca exerceu.[4]

Foi secretario xeral dos Escritores en Linguas Indíxenas de América (1997-2000) e integrante do directorio da Corporación NorAlinea, de defensa dos dereitos humanos.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

O inicio da carreira literaria de Chihuailaf —quen publicou diversos libros de poesía e crónica, tanto en español como en mapuche iníciase coa publicación da revista Poesía Diaria, que o poeta dirixiu canda Guido Eytel, en Temuco, a comezos da década dos oitenta.[6] En 1994 recibiu o seu primeiro premio importante, o do Consello Nacional do Libro e a Lectura, polo seu poemario De sueños azules y contrasueños, que publicou o ano seguinte a Editorial Universitaria. Traduciu a Pablo Neruda (Todos los cantos / Ti kom vin; Pehuén, 1997) e ao cantautor Víctor Jara (Canto libre / Lliz vlkantun, LOM, 2007). Dirixiu a revista bilingüe de arte mapuche Kallfvpllv/Espíritu Azul.

Libros[editar | editar a fonte]

  • El invierno y su imagen, autoedición mimeo, 1977
  • En el país de la memoria. Maputukulpakey, con algúns poemas en mapuche; autoedición, Quechurewe-Temuco, 1988
  • El invierno, su imagen y otros poemas azules, Ediciones Literatura Alternativa, 1991
  • De sueños azules y contrasueños, con poemas en mmapuche e castelán; Editorial Universitaria, Santiago, 1995 (Huerga y Fierro Editores, Madrid, 2002)
  • A orillas de un sueño azul
  • La palabra: sueño y flor de América. Adelanto de una muestra de Oralitura Indígena de América, 1997
  • Recado confidencial a los chilenos, LOM, Santiago, 1999
  • Kallfv; Pehuén, Santiago, 2006
  • Kallfv mapu / Tierra azul, edición bilingüe con prólogo de Osvaldo Baver e selección de Néstor Barron, Ediciones Continente, Argentina, 2008, ISBN 978-950-754-255-8
  • Canto libre / Lliz vlkantun, 2007
  • Sueños de luna azul/Kechurewe Temuko, Cuatro Vientos Editorial, 2008
  • Historia y luchas del pueblo mapuche, Editorial Aún Creemos en los Sueños, 2008
  • Relato de mi sueño azul, Pehuén Editores, 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ricardo Gómez López. Elicura Chihuailaf: El azul de la poesía, Rayentru nº 8 marzo-abril de 1995
  2. Elicura Chihuailaf en Héroes civiles y santos laicos.
  3. Elicura Chihuailaf Nahuelpán, memoriachilena.cl
  4. 4,0 4,1 Elicura Chihuailaf. Poeta mapuche Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Caras, 2001
  5. Elicura Chihuailaf en el Festival Internacional de Poesía de Medellín.
  6. Elicura Chihuailaf: Los chilenos son como niños mal criados, Universidade de Chile