Elena Rodríguez-Falcón
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Monterrey, México |
Educación | Universidad Autónoma de Nuevo León (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira mecánica |
Empregador | Universidade de Sheffield |
Premios | |
Elena Rodríguez-Falcón nada en Monterrei en 1972 é unha enxeñeira mecánica mexicana. É a presidenta e xefa executiva do New Model Institute for Technology and Engineering (NMiTE).[1][2] Ata xaneiro de 2018 foi profesora na Universidade de Sheffield.[3][4][5]É membro da Institution of Engineering and Technology e membro principal da Higher Education Academy no Reino Unido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elena Rodríguez estudou enxeñería mecánica na Universidade Autónoma de Nuevo León de México, onde se graduou en 1994.[1] Posteriormente fixo un mestrado en enxeñería mecánica e relacións industriais na mesma universidade.[2] En 2000 Rodríguez-Falcón rematou o mestrado en enxeñaría mecánica e administración industrial na Universidade Sheffield Hallam no Reino Unido.[2]
Elena Rodríguez traballou no sector industrial en México dende 1993, primeiro como enxeñeira de deseño e loxística e máis tarde como xerente de proxectos e calidade. En 2002 uniuse á Universidade de Sheffield no Reino Unido, onde inicialmente deseñou e dirixiu programas académicos de enxeñería mecánica enfocados a negocios e empresas.[6]
Comezou a súa carreira académica ensinando planeación empresarial en varios departamentos da Facultade de Enxeñaría; o estudantado das súas materias traballou con clientes para desenvolver solucións de enxeñería con potencial para convertirse en produtos comerciais. Durante os seus cursos creáronse e comercializáronse diversos artíios: un exemplo é a luva parlante que permite que as persoas que sufriron un derramo cerebral poidan comunicarse. Rodríguez-Falcón tamén investigou a influencia das diferenzas culturais nas expectativas laborais do estudantado de enxeñaría.
Elena Rodríguez foi nomeada directora de educación empresarial na Universidade de Sheffield en 2011 e ao ano seguinte converteuse en profesora titular. En 2014 foi nomeada directora de comunicación e relacións externas da Facultade de Enxeñería.[7][8][9]
Entre 2011 e 2014 exerceu as funcións de directora de mulleres en enxeñería.[10] Neste posto difundiu a necesidade de que máis mulleres se formasen como enxeñeiras e expuxo como podería lograrse. Polo seu traballo neste campo foi recoñecida nos premios Wise 2014 na categoría Mulleres na Ciencia e Enxeñería.[11][12][13][14]
En xaneiro de 2018 deixou Sheffield por Hereford para formar parte do New Model Institute for Technology and Engineering (NMiTE) como directora académica e reitora inaugural. Accedeu aos cargos de presidenta e directora executiva da entidade en 2018.
Premios e Recoñecementos
[editar | editar a fonte][15]2007 - Premios do Ensino en Enxeñaría outorgados pola Real Academia de Enxeñería do Reiuno Unido.[16]
2007 - Académica máis inspiradora, pola Universidade de Sheffield.[2][17]
2015 - Doutoramento de enxeñería honoris causa pola súa alma mater, a Universidade Autónoma de Novo León en México.[2][18]
2019 - Recoñecemento como membro da Institution of Engineering and Technology do Reino Unido.[2]
2020 - Executiva líder nos premios Engineering Talent Awards outorgados pola Institution of Engineering and Technology do Reino Unido.[19]
2020 - Muller do Ano en Tecnoloxía por FDM Everywoman.[2][15]
2020 - Premio Traxectoria do Ano 2020 por Equal Engineers e a Royal Academy of Engineering do Reino Unido.[18]
2020 - Recoñecemento Mexicana Distinguida en Reino Unido, Embaixada de México en Londres.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Professor Elena Rodríguez Falcón". LinkedIn. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Elena Rodriguez-Falcon". Million STEM (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "‘National approach needed to boost women in engineering’" Arquivado 23 de agosto de 2015 en Wayback Machine.. Yorkshire Post, 10 August 2015.
- ↑ "'˜Protect international students who bring £429m to Yorkshire' - Universities' Brexit plea to Government". www.yorkshirepost.co.uk (en inglés). 2017-03-10. Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "New University hopes to provide a pipeline of 'industry-ready' engineers" Arquivado 07 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. The Engineer, 21 May 2015 | By Stephen Harris
- ↑ Colin Jones (27 December 2013). Teaching Entrepreneurship to Postgraduates. Edward Elgar Publishing. pp. 111–. ISBN 978-1-78347-260-4.
- ↑ "Global Insight On Drawing Girls To Tech". Tell Me More, March 6, 2014, National Public Radio
- ↑ "Evaluating teaching" Arquivado 28 de maio de 2018 en Wayback Machine.. International Video Project (IVP), March 2016. p. 43
- ↑ "Global Insight On Drawing Girls To Tech". NPR, March 6, 2014
- ↑ "How A Sheffield Professor Is Boosting Engineering Courses Among Women" Arquivado 05 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.. Engineering Because, Elena Doncheva. 12 June 2014
- ↑ "‘National approach needed to boost women in engineering’". Yorkshire Post 10 August 2015.
- ↑ "Royal recognition for Sheffield professor" Arquivado 14 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. The Star, 25 November 2014
- ↑ "Is engineering too geeky for girls? Of course not". The Guardian, Victoria Ngow 5 November 2013
- ↑ "National Women in Engineering Day: six Twitter accounts to follow". The Yorkshire Post, Harriet Minter 23 Jun 2014
- ↑ 15,0 15,1 "Winners announced in the 2020 FDM everywoman in Technology Awards". Everywoman (en inglés). 2 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 19 de abril de 2022.
- ↑ "Prizes Awarded for Excellence in Engineering". Royal Academy of Engineering. 28 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de abril de 2022.
- ↑ The Royal Academy of Engineering, 28 March 2007. "Awards for Excellence in Engineering Education". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 UANL (11 de setembro de 2020). "Elena Rodríguez Falcón, la mexicana del año en Reino Unido". Vida Universitaria - Universidad Autónoma de Nuevo León (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ The Insitution of Engineering and Technology (ed.). "Engineering Student of the Year announced". www.theiet.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 19 de abril de 2022.