Elena Rodríguez-Falcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElena Rodríguez-Falcón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Monterrey, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Autónoma de Nuevo León (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira mecánica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sheffield (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

LinkedIn: elenarodriguezfalcon Editar o valor em Wikidata


Elena Rodríguez-Falcón nada en Monterrei en 1972 é unha enxeñeira mecánica mexicana. É a presidenta e xefa executiva do New Model Institute for Technology and Engineering (NMiTE).[1][2] Ata xaneiro de 2018 foi profesora na Universidade de Sheffield.[3][4][5]É membro da Institution of Engineering and Technology e membro principal da Higher Education Academy no Reino Unido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elena Rodríguez estudou enxeñería mecánica na Universidade Autónoma de Nuevo León de México, onde se graduou en 1994.[1] Posteriormente fixo un mestrado en enxeñería mecánica e relacións industriais na mesma universidade.[2] En 2000 Rodríguez-Falcón rematou o mestrado en enxeñaría mecánica e administración industrial na Universidade Sheffield Hallam no Reino Unido.[2]

Elena Rodríguez traballou no sector industrial en México dende 1993, primeiro como enxeñeira de deseño e loxística e máis tarde como xerente de proxectos e calidade. En 2002 uniuse á Universidade de Sheffield no Reino Unido, onde inicialmente deseñou e dirixiu programas académicos de enxeñería mecánica enfocados a negocios e empresas.[6]

Comezou a súa carreira académica ensinando planeación empresarial en varios departamentos da Facultade de Enxeñaría; o estudantado das súas materias traballou con clientes para desenvolver solucións de enxeñería con potencial para convertirse en produtos comerciais. Durante os seus cursos creáronse e comercializáronse diversos artíios: un exemplo é a luva parlante que permite que as persoas que sufriron un derramo cerebral poidan comunicarse. Rodríguez-Falcón tamén investigou a influencia das diferenzas culturais nas expectativas laborais do estudantado de enxeñaría.

Elena Rodríguez foi nomeada directora de educación empresarial na Universidade de Sheffield en 2011 e ao ano seguinte converteuse en profesora titular. En 2014 foi nomeada directora de comunicación e relacións externas da Facultade de Enxeñería.[7][8][9]

Entre 2011 e 2014 exerceu as funcións de directora de mulleres en enxeñería.[10] Neste posto difundiu a necesidade de que máis mulleres se formasen como enxeñeiras e expuxo como podería lograrse. Polo seu traballo neste campo foi recoñecida nos premios Wise 2014 na categoría Mulleres na Ciencia e Enxeñería.[11][12][13][14]

En xaneiro de 2018 deixou Sheffield por Hereford para formar parte do New Model Institute for Technology and Engineering (NMiTE) como directora académica e reitora inaugural. Accedeu aos cargos de presidenta e directora executiva da entidade en 2018.

Premios e Recoñecementos[editar | editar a fonte]

[15]2007 - Premios do Ensino en Enxeñaría outorgados pola Real Academia de Enxeñería do Reiuno Unido.[16]

2007 - Académica máis inspiradora, pola Universidade de Sheffield.[2][17]

2015 - Doutoramento de enxeñería honoris causa pola súa alma mater, a Universidade Autónoma de Novo León en México.[2][18]

2019 - Recoñecemento como membro da Institution of Engineering and Technology do Reino Unido.[2]

2020 - Executiva líder nos premios Engineering Talent Awards outorgados pola Institution of Engineering and Technology do Reino Unido.[19]

2020 - Muller do Ano en Tecnoloxía por FDM Everywoman.[2][15]

2020 - Premio Traxectoria do Ano 2020 por Equal Engineers e a Royal Academy of Engineering do Reino Unido.[18]

2020 - Recoñecemento Mexicana Distinguida en Reino Unido, Embaixada de México en Londres.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Professor Elena Rodríguez Falcón". LinkedIn. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Elena Rodriguez-Falcon". Million STEM (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  3. "‘National approach needed to boost women in engineering’" Arquivado 23 de agosto de 2015 en Wayback Machine.. Yorkshire Post, 10 August 2015.
  4. "'˜Protect international students who bring £429m to Yorkshire' - Universities' Brexit plea to Government". www.yorkshirepost.co.uk (en inglés). 2017-03-10. Consultado o 2022-11-17. 
  5. "New University hopes to provide a pipeline of 'industry-ready' engineers" Arquivado 07 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. The Engineer, 21 May 2015 | By Stephen Harris
  6. Colin Jones (27 December 2013). Teaching Entrepreneurship to Postgraduates. Edward Elgar Publishing. pp. 111–. ISBN 978-1-78347-260-4. 
  7. "Global Insight On Drawing Girls To Tech". Tell Me More, March 6, 2014, National Public Radio
  8. "Evaluating teaching" Arquivado 28 de maio de 2018 en Wayback Machine.. International Video Project (IVP), March 2016. p. 43
  9. "Global Insight On Drawing Girls To Tech". NPR, March 6, 2014
  10. "How A Sheffield Professor Is Boosting Engineering Courses Among Women" Arquivado 05 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.. Engineering Because, Elena Doncheva. 12 June 2014
  11. "‘National approach needed to boost women in engineering’". Yorkshire Post 10 August 2015.
  12. "Royal recognition for Sheffield professor" Arquivado 14 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. The Star, 25 November 2014
  13. "Is engineering too geeky for girls? Of course not". The Guardian, Victoria Ngow 5 November 2013
  14. "National Women in Engineering Day: six Twitter accounts to follow". The Yorkshire Post, Harriet Minter 23 Jun 2014
  15. 15,0 15,1 "Winners announced in the 2020 FDM everywoman in Technology Awards". Everywoman (en inglés). 2 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 19 de abril de 2022. 
  16. "Prizes Awarded for Excellence in Engineering". Royal Academy of Engineering. 28 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de abril de 2022. 
  17. The Royal Academy of Engineering, 28 March 2007. "Awards for Excellence in Engineering Education". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2022. 
  18. 18,0 18,1 18,2 UANL (11 de setembro de 2020). "Elena Rodríguez Falcón, la mexicana del año en Reino Unido". Vida Universitaria - Universidad Autónoma de Nuevo León (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  19. The Insitution of Engineering and Technology (ed.). "Engineering Student of the Year announced". www.theiet.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 19 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]