Elena Holmberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElena Holmberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1931 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Desapariciónc. P746
Morte1978 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto del Servicio Exterior de la Nación (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1955-1989Guerra sucia en Arxentina Editar o valor em Wikidata

Elena Angélica Dores Holmberg Lanusse, coñecida como Elena Holmberg, nada en Bos Aires o 24 de maio de 1931 e desaparecida en Bos Aires o 20 de decembro de 1978, foi unha diplomática arxentina secuestrada e asasinada en 1978. Destacada por ser a primeira muller no Instituto do Servizo Exterior da Nación, Holmberg foi unha funcionaria importante da ditadura militar que tomou o poder na Arxentina en 1976 e é de convencemento xeral que foi detida-desaparecida e logo asasinada polo propio réxime ao que pertencía.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia tradicional (irmá do coronel retirado Enrique Holmberg e prima irmá do xeneral Alejandro Lanusse, expresidente de facto da República Arxentina) traballaba como funcionaria de carreira na Embaixada Arxentina en Francia.[3][4]

Por diferenzas de criterios entre o persoal do «Centro Piloto de Información», instalado en París e a cargo de oficiais de intelixencia da Armada Arxentina (onde tamén estiveron destinados Puma Perrén, Alfredo Astiz e Adolfo Donda), a diplomática foi convocada a Bos Aires para informar aos seus superiores, resultando secuestrada polo Grupo de tarefas 3.3.2 nesta cidade o 20 de decembro de 1978 ao saír do Ministerio de Relacións Exteriores e cando se dirixía a atoparse cun grupo de xornalistas franceses.[5]

Persoas liberadas da Escuela Superior de Mecánica de la Armada (ESMA) declararon que nesa época certos oficiais da mesma aludiron á súa participación na desaparición de Elena Holmberg.

O 11 de xaneiro de 1979, o seu cadáver descomposto foi atopado no río Luján, localidade de Tigre, provincia de Bos Aires sendo recoñecida posteriormente polo seu primo Lanusse.

Presúmese que Emilio Massera foi quen ordenou directamente a súa morte.[1][2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Andrea Basconi. Elena Holmberg, la mujer que sabía demasiado. El crimen que desnuda la interna de la dictadura militar. Buenos Aires, Sudamericana, 2012. ISBN 9789500738811. Consultado o 8 de agosto de 2013. 
    http://www.derechos.org/nizkor/arg/causa13/casos/caso689.html
    La diplomática Elena Holmberg y el publicista Marcelo Dupont, Nunca Más
  2. 2,0 2,1 "Por qué asesinaron a Elena Holmberg en 1978 "La Nación", de Buenos Aires". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  3. "Elena Holmberg, la víctima de la interna entre Massera y Videla". Perfil (en castelán). 2012-06-16. Consultado o 2021-05-23. 
  4. "El crimen de Elena Holmberg". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  5. Torturadores de la escuela del horror
  6. "Crímenes en las entrañas de la dictadura". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andrea Basconi, Elena Holmberg, la mujer que sabía demasiado, Editorial Sudamericana, Bos Aires,2012
  • Holmberg, Enrique e Holmberg Eugenio, Elena Holmberg. Historia de una infamia, edición privada, Bos Aires, 2001.
  • María Oliveira-Cézar, El exilio argentino en Francia, Amérique Latine Histoire et Mémoire. Les Cahiers ALHIM
  • Herrera Vegas, D.J. e Jáuregui Rueda, Carlos, Familias Argentinas, Ediciones Callao 1823, Bos Aires, 2003 e 2006

Outros artigos[editar | editar a fonte]