Eleccións xerais do Brasil de 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións xerais do Brasil de 2018
 ← 2014 Editar o valor em WikidataBrasil Editar o valor em Wikidata 2022 Editar o valor em Wikidata  → 
Data7 de outubro de 2018, primeira volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018
28 de outubro de 2018, segunda volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 Editar o valor em Wikidata
Tipogrupo de eleccións Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidopresidente do Brasil. Duración do mandato: 4 Editar o valor em Wikidata
Participación política
Primeira volta Editar o valor em Wikidata
Electorado147.299.471 Editar o valor em Wikidata
117.364.560
   79.68٪
Número de votos válidos107.050.673    Número de votos en branco 3.106.936   Número de votos nulos 7.206.205
Segunda volta Editar o valor em Wikidata
Electorado147.299.471 Editar o valor em Wikidata
115.933.451
   78.71٪
Número de votos válidos104.838.753    Número de votos en branco 2.486.593   Número de votos nulos 8.608.105
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata Editar o valor em Wikidata
Jair Bolsonaro  — Partido Liberal
1
49.276.990   46.03٪
2
57.797.847   55.13٪
Fernando Haddad  — Partido dos Traballadores
1
31.342.005   29.28٪
2
47.040.906   44.87٪


Candidato líder e participación de voto por estado na primeira volta
Candidato líder e participación de voto por estado na segunda volta Editar o valor em Wikidata
Investidura Editar o valor em Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Michel TemerJair Bolsonaro Editar o valor em Wikidata
Causa inmediata de
goberno de Jair Bolsonaro Editar o valor em Wikidata

As eleccións xerais producíronse no Brasil dende o 7 de outubro de 2018, como primeira volta, para elixir o presidente e o vicepresidente, así como o Congreso Nacional, os Gobernadores e Vicegobernadores estatais, as Asembleas Lexislativas estatais e a Cámara Lexislativa do Distrito Federal.[1][2] A segunda volta produciuse o 28 de outubro de 2018, onde resultou elixido Jair Bolsonaro, do Partido Social Liberal.

Contexto[editar | editar a fonte]

Eleccións presidenciais do Brasil de 2014[editar | editar a fonte]

As eleccións de 2014 resultaron coa candidata do Partido dos Traballadores, Dilma Rousseff, sendo reelixida como Presidenta na segunda volta co 51,6% dos votos, derrotando a Aécio Neves do Partido da Social Democracia Brasileira que recibiu o 48,4% dos votos.[3] Rousseff xa fora elixida por primeira vez nas eleccións de 2010, sucedendo ó seu mentor político, Luiz Inácio Lula da Silva, que estivo no cargo dende 2003 até 2011.

Destitución de Dilma Rousseff[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Destitución de Dilma Rousseff.

Porén, o 3 de decembro de 2015, os procedementos de acusación contra Dilma Rousseff foron aceptados oficialmente pola Cámara de Deputados.[4][5] O 12 de maio de 2016, o Senado Federal suspendeu temporalmente os poderes e deberes de Rousseff durante seis meses ou até que o Senado chegara a un veredicto: destituila do seu cargo se a declaraban culpable ou absolvela dos delitos imputados.[6][7] O Vicepresidente Michel Temer, do Partido do Movemento Democrático Brasileiro, asumiu os seus poderes e deberes como Presidente interino do Brasil durante a suspensión. O 31 de agosto de 2016, o Senado votou 61-20 a prol da acusación formal, declarando a Rousseff culpable de violar as leis orzamentais e destituíndoa do seu cargo (Art. 85, Constitución do Brasil). O vicepresidente Temer sucedeu a Rousseff como 37º presidente do Brasil.[8][9][10]

Ataque contra Bolsonaro durante a campaña[editar | editar a fonte]

Bolsonaro sendo acoitelado.

Jair Bolsonaro foi acoitelado o 6 de setembro de 2018 mentres facía campaña na cidade de Juiz de Fora, Minas Gerais e interactuaba cose seus partidarios.[11] O fillo de Bolsonaro, Flávio, declarou que as feridas de seu pai eran só superficiais e que se estaba a recuperar no hospital.[12] A policía detivo e identificou o atacante como Adelio Bispo de Oliveira, quen afirmou que foi "ordenado por Deus para levar a cabo o ataque".[13] Flávio Bolsonaro declarou máis tarde que as feridas inflixidas parecen peores do que se pensaba inicialmente. El chiou no Twitter sobre a condición de seu pai, explicando que a perforación alcanzou parte do fígado, o pulmón e parte do intestino. Tamén afirmou que Bolsonaro perdera unha gran cantidade de sangue, chegando ó hospital cunha presión de 10/3, pero dende entón xa se estabilizara.[11][14][15] A maioría dos outros candidatos na carreira presidencial (de ambos lados do espectro político), e o actual presidente brasileiro, Michel Temer, condenaron o ataque.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eche un vistazo a las elecciones generales en Brasil de este domingo". La Nación, Grupo Nación (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  2. SB, teleSUR -. "Elecciones generales de Brasil: ¿Cómo es el sistema comicial?". Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  3. "Segundo turno Dilma Rousseff X Aécio Neves: Apuração dos votos e resultado das Eleições 2014 (Fonte: TSE) - UOL Eleições 2014". UOL Eleições 2014 (en portugués). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  4. Mundo, Leire Ventas* BBC. ""Impeachment" a Dilma Rousseff: ¿hubo un "golpe de Estado" en Brasil?". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  5. Borges, Rodolfo (12 de maio de 2016). "Claves del proceso de destitución de Dilma Rousseff". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  6. (www.dw.com), Deutsche Welle. "Cámara de Diputados anula votación de "impeachment" contra Dilma Rousseff | DW | 09.05.2016". DW.COM (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  7. "Del impeachment al Senado, Dilma Rousseff busca completar su resurrección política" (en castelán). 4 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  8. "Senado aprova impeachment, Dilma perde mandato e Temer assume". Processo de Impeachment de Dilma (en portugués). 31 de agosto de 2016. Consultado o 30 de abril de 2018. 
  9. Mundo, Gerardo Lissardy* BBC. ""Impeachment": por qué condenaron a Dilma Rousseff en el Congreso de Brasil (y no fue corrupción)". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  10. FCH, teleSUR - ys - ir -. "Cronología del impeachment contra Dilma Rousseff". Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 Londoño, Ernesto (6 de setembro de 2018). The New York Times, ed. "Brazil Presidential Candidate Jair Bolsonaro Is Stabbed at Campaign Rally" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  12. Phillips, Dom (6 de setembro de 2018). the Guardian, ed. "Jair Bolsonaro: Brazil's far-right presidential hopeful stabbed at campaign rally" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  13. Savarese, Mauricio; Prengaman, Peter; Press, Associated (2018-09-06). "Brazil presidential candidate Bolsonaro stabbed during event". lasvegassun.com (en inglés). Consultado o 2022-02-01. 
  14. Flávio, Bolsonaro (6 de setembro de 2018). "Flávio Bolsonaro 177 Senador_RJ Verified account". Twitter. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  15. Savarese, Mauricio; Prengaman, Peter (6 de setembro de 2018). ABC News, ed. "Brazilian candidate Jair Bolsonaro stabbed during event" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  16. G1.com, ed. (6 de setembro de 2018). "Bolsonaro leva facada em MG: veja repercussão" (en portugués). Consultado o 6 de setembro de 2018.